Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo o camiño do medio

miércoles, 07 de octubre de 2015
Houbo eleccións en Cataluña e de novo a percepción foi que cambiou todo para que nada cambie. Uns gañaron numericamente, outros pretenciosamente e incluso hai quen viu unha derrota na que foi primeira forza. Ata houbo o esperpento de sacar peito a pesar dunha desfeita matemática. O caso é que a independencia é o pano que agocha a destrución paulatina do benestar e isto si que o han pagar todos os cataláns.

Eu non sei se un hipotético estado catalán independente (e posiblemente fóra do euro) sería viable ou non. Comprendo o sentimento que leva a defender e a votar "si" a dito estado e creo (como dixo Jordi Évole) que hai moita xente no bloque chamado constitucionalista facéndolle un gran favor ao independentismo con declaracións fora de ton. Cos datos diante a pregunta é qué facer e cómo xestionar o goberno de Cataluña estes 4 anos. Entón creo que o tema da independencia debe quedar nun segundo plano ata forxar un benestar estable para os cidadáns cataláns.

Se eu fora catalán votaría pensando en que ninguén perdera benestar; agora ben , qué forza garantía isto? Daquela uns e outros teñen que aprender a conquistar a cidadanía coa verdade, co benestar e coa seguridade que dá proxectarse en futuro. Mentres sigamos baseando a vida política en cortinas de fume e en espantallos os verdadeiros problemas eternizaranse nas demoras que os acabaran convertendo en utopías. Isto é o que unha cidadanía democrática non pode permitir, porque é un novo xeito de opresión que nos desterra do progreso colectivo e que estaría a procrastinar a recuperación e implementación definitiva do Estado de Benestar.

Polo tanto, quizais sexa hora de marcar liñas vermellas aos gobernos e dicirlles alto e claro que coa vida e co porvir da xente non se pode especular. A verdadeira independencia ten que ser primeiro persoal, en segundo lugar asegurar o porvir colectivo, en terceiro lugar ten que sustentarse na capacidade crítica, en cuarto lugar non pode castrar a pluralidade e en quinto e derradeiro lugar, ningún argumento pode erixirse como verdade absoluta. A independencia e identidade dun pobo (ou calquera colectivo) ten que basearse na liberdade e independencia persoal como ben supremo porque soamente en liberdade se constrúe un interdependencia real que nos leva a ser pobo de xeito natural.

Quizais sexa necesario empezar de cero, vernos dende fóra e observar o fermoso mosaico cultural que nos caracteriza; entón ao mellor podemos decidir deconstruírnos en riqueza cultural baixo o respecto que evite calquera tipo de exclusión pero para iso temos que saber recoñecernos mutuamente e dialogar sen ningún tipo de imposición, prexuízo ou exclusión.

O que parece entender ben a cidadanía cústalle moito executalo á clase política, polo que cabe dubidar se está á altura que o pobo lle esixe.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES