Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volveu outra vez

lunes, 05 de octubre de 2015
Outra vez. Volveu outra vez. O caso de Asunta Basterra. Primeiro, un asasinato. Unha putada. Pero a noticia chegou a cansar. Eu non sei se os medios de comunicación se dan conta de que, ás veces, con tanto bombardeo un chega incluso a “pasar olimpicamente” dun asasinato. E é moi triste o dato, porque Asunta tan só era unha nena. Con tanto bombardeo mediático un “pasa” ata da propia nena e impórtache un pemento o que lle pasara. É triste, é unha pena, pero creo que é así. Pobre rapaciña!, sen culpa ningunha. Ás veces un tamén se pregunta por que non se bombardea desa maneira as falcatruadas da maioría dos políticos. Segundo do partido que sexa, estas acaparan unha ou dúas columniñas como moito e pouco máis alá do día da súa primeira publicación.

Outra vez. Volveu outra vez. O caso de Asunta Basterra. Agora, un xuízo, coa súa escolla do xurado popular. No xuízo haberá para dar e tomar. Que si as probas. Que si as testemuñas. Que si as declaracións. Que si as facultades mentais duns e doutros. Que si a planificación. Que si a frialdade da execución. Que si as rexoubas. Que si os ruxerruxes. Páxinas enteiras de xornais. Programas radiofónicos. E non quero dicir nada desas cadeas televisivas que xa todos intuímos.

E á pesar de que estea escribindo sobre o asunto, confeso que tan axiña como entendo ou como vexo os titulares coas letras grandes, deixo de ler xa o propio titular. Imaxinade as entradas: nin caso. Paso páxina inmediatamente. E impórtame un carallo que condenen ou non condenen a quen teñan que condenar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania