Boas noticias
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de octubre de 2015
Os medios de comunicación social bombardéannos cada día con multitude de noticias: locais, nacionais, internacionais.
As redes sociais tamén nos ofrecen unha ampla gama¸ pero hai outras moitas noticias que se quedan no anonimato e non por eso son menos importantes.
HAI BOAS NOTICIAS PARA TODOS:
-A infancia recibe boas noticias cando é felicitada polos seus avances.
Cando a unha criatura se lle felicita, recibe novas enerxías para esmerarse en facelo mellor cada día e deste xeito vaise superando.
-O mundo estudiantil, recibe boas noticias cando supera as probas correspomdentes ó seu nivel.
É a boa noticia que lle dá forzas para lanzarse á piscina da vida.
¡Un futuro prometedor lle espera! Ou nos espera.
-A xuventude recibe boas noticias cando acada a súa autonomía persoal e económica e pode emanciparse para crear o seu propio fogar.
¡Que alegría poder ser un mesmo!
¡Que alegría fundar un fogar!
-As persoas adultas reciben boas noticias cando son capaces de sacar adiante a súa familia: ver medrar os fillos, ver como se van superando cada día máis e mellor, ver como se van abrindo camiño na vida...
-Os ancians reciben boas noticias cando están rodeados de cariño, cando son respetadas as súas opinións e cando reciben os coidados necesarios
Unha sociedade que sabe coidar respetar ós seus maiores, ten moitos puntos gañados porque sabe recoñecer e valorar os esforzos da xeración anterior.
Dicía miña nai:
Fillo es, pai serás; según as fagas, así as verás
¡Canta razón tiña miña nai!
-A ama da casa, recibe boas noticias cando ten colaboración familiar nas tarefas do fogar.
¡Que alivio!
-O persoal sanitario, recibe boas noticias cando consegue sanar ós doentes que se lle encomendan.
Afortunadamente son moitísimas as enfermedades que se poden curar.
A veces fanse verdadeiros milagres.
-O profesorado recibe boas noticias cando é recoñecido o seu celo pedagóxico
Aínda quedan moitas persoas que saben valorar o esforzo inigualable que exerce o profesorado para preparar unha criatura para que saiba defenderse na vida.
Aínda quedan moitas familias que colaboran intensamente co labor do profesorado.
Aínda hai quen recoñece que o labor do profesorado é a raíz das retantes profesións.
-O doente recibe boas noticias cando o persoal sanitario lle dá a alta médica.
Nunca seremos o suficientemente agradecidos con quen nos recupera a saúde física que é o soporte que temos para disfrutar de boa saúde afectiva, psicolóxica, espiritual
-A familia recibe boas noticias cando aparece un novo membro no seu seo: un nacemento, un casamento
¡Que alegría, ver como medra a familia!
-Os namorados reciben boas noticias cando se declaran o seu amor.
¡Qué felicidade!
¡Co bonito é sentirse enamorado!
¡Amar e ser amado!
-Os profesionais de todo tipo e condición, reciben boas noticias cando se atopan cómoddos no seu oficio ou profesión.
Cando poden gaña-lo pan de cada día.
O alimento básico para soste-la vida.
-A cidadanía dun país recibe boas noticias cando as mortes por accidentes de tráfico disminúen.
A alegría sería máxima se non houbera ningún.
¡É tan bonito, chegar á casiña con ben!
-Os labregos reciben boas noticias cando o clima acompaña para que a colleita medre adecuadamente.
Se a colleita medra, todos teremos que comer, porque do labor do labrego depende a alimentación mundial.
¡Temos tanto que agradecer ós labregos!
-Os mariñeiros reciben boas noticias cando hai boa mar para saír a navegar.
As lonxas, énchense.
As prazas de peixe abastécense.
A boa mesa espera satisfacer ós comensais.
¡Que delicia para o padal!
E para min como crente- a mellor das noticias é a fe no Deus de Xesucristo, na que me movo, vivo e existo.
¿Cómo podes dicir eso se a Deus ninguén o víu? pode preguntarse vostede.
Eu respondereille que:
NON O VEXO; PERO ESTOU SEGURA QUE AS FORZAS QUE ME DÁ E AS PERSOAS QUE PON NO MEU CAMIÑO SON OBRA SÚA.
Con eso teño abondo; máis que suficiente.
Tampouco teño que coincidir con vostede neste pensamento.
¿Non?
Non pasa nada.
O respeto amaña todo.
En calquera caso:
A LISTA DE BOAS NOTICIAS SERÍA MOI LONGA, MOI LONGA, MOI LONGA.
Nesto, seguramente, estaremos de acordo.
Deixo que vostede a continúe coas súas boas noticias, que son moitas, moitísimas.
Faga memoria delas, un momento, por favor. Afortunadamente estamos rodeados de moi boas noticias no noso vivir de cada día.
Son a enerxía da vida.
ENERXÍA DA VIDA
Será o título do seguinte artigo
Quédolle moi agradecida porque é para min unha boa noticia que que tivera a amabilidade de ler este artigo nesta ocasión.
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora