Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As motos, desprezadas pola administración

jueves, 01 de octubre de 2015
Cada día somos máis os usuarios de motocicletas, movidos pola afición, o pracer e mesmo pola economía, a comodidade e a rapidez nos desprazamentos. As motos estanse a converter nunha alternativa aos coches na vida diaria nos núcleos urbanos, polo seu fácil aparcamento e mellor mobilidade.As motos, desprezadas pola administración
A pesares deste aumento de usuarios nos últimos anos, as administracións, na cegueira que as identifica, van por detrás da sociedade e apenas habilitar aparcadoiros suficientes para o medre do parque mobil de dúas rodas.

Siguense a usar pinturas loita deslizante na sinalización horizontal e as garda barreiras das estradas siguen a ser coitelas que xeneran máis mortes que si non as houbera. Hai quen agradece saír lanzado a 40 mts e non terse atopado con esas barreiras que no mellor dos casos poden levar a unha cadeira de rodas para o resto da vida.

Unha moto, paga nas autoestradas a mesma peaxe que unha furgoneta de 3.500 kgms de PMA a pesares da evidencia de que unha motocicleta arrastra menos volume, menos peso, menos desgaste e tamén paga impostos como o resto de vehículos.

A pesares desas peaxes, o firme da calzada nesas autoestradas de peaxe, alomenos en Galiza, non está nas mellores condicións s e as fendas e baches supoñen un grave risco para as caídas para quen circula sobre dúas rodas. Das estradas mellor non falar...

Habendo transportes máis ecolóxicos, o incremento do parque movil de motos supón un aforro de espazo nas urbes, aforro no gasto e maior fluidez no tráfico, polo que o seu uso, ao contrario do que acontece, debe ter unha discriminación positiva a respeito dos coches, así como se deben potenciar os usos de bicicletas, sendeiros a pé e o uso de transporte público.

Hai xa cidades europeas onde se ten contemplado e feito esforzos para adaptarse a tal evidencia. En Galiza, como en casi todo, imos por detrás noutro síntoma de atraso nos ritmos de adaptación ás realidades que nos vai marcando a sociedade. Así nos vai...
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES