Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Protección Civil a Meteogalicia

martes, 11 de julio de 2006
Cando o pasado domingo, RNE desde a Xefatura Central de Tráfico facilitaba información sobre os problemas de tráfico en toda España, destacaba os existentes nos arredores de Madrid e Barcelona e outras grandes cidades de Andalucía ou do País Valenciano…

Pero na práctica nada pasaba de Madrid hacia arriba (no mapa) e, desde logo, nada ocurría en Galicia coa autopista de pago colapsada durante unha ducia de kilómetros.

Algo similar acontece cando se da o prognóstico do tempo e se prognostica que “en toda España fará bo tempo”, para logo matizar (¿Será que non somos España?) que en Galicia haberá nubes ou chubascos, ou alomenos temperaturas suaves.

Nesta última ocasión a pasada fin de semana, Protección Civil sorprendeu prognosticando unha vaga de calor en varias comunidades entre elas Galicia, con temperaturas que poderían chegar no interior –de España- a 40/42 grados centígrados.
É difícil planificar prognósticos para un territorio de medio millón de kilómetros cadrados, onde hai unha zona temperada ó norte, unha zona continental á que nesta estación corresponde ser tórrida, e unha zona cálida ó sur matizada polo Mediterráneo.

E se é difícil esta planificación, o lóxico é facelo por países ou autonomías, transferindo a información ós organismos que corresponda, no noso caso Meteogalicia, que para estes días tiña previsións diferentes ás de organismo central.

Esta transferencia ou colaboración ou dependencia, debería funcionar con toda lóxica desde a central hacia os organismos autonómicos.

Galicia sempre foi menospreciada cando non agredida polas previsións meteorolóxicas, facilitadas polos grandes medios de comunicación a escala estatal.

Posiblemente chegou o momento en que estes grandes medios de radio e televisión fagan desconexións “rexionais”, “nacionais” ou como se pacte para, do mesmo xeito que se dan as novas locais e autonómicas, se dea o prognóstico feito desde cada autonomía, e Protección Civil e o Servicio Nacional de Meteoroloxía reciban –polo que a Galicia se refire- de Meteogalicia a información que corresponda.

Así, seremos tratados de xeito máis xusto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES