Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (80)

miércoles, 30 de septiembre de 2015
A Camelia Branca

As plantas provocan en nós sensacións. Cando pequena, quedou no meu recordo a camelia branca. Tróuxoa unha tía avoa da casa do señor amo. Pediulla, un ano, cando lle levaba a renda do lugar. Así, plantouna; foi medrando. Había poucas coma ela. Tiña as floriñas brancas, moi fermosas. A madriña, que era nova, plantou a camelia. Esta foi medrando. A dona foi a menos. Non se casou. Non tivo fillos. Pero, viviu no medio de oito nenos. Foi como se fora avoa. Queriámola moito. Ela tamén nos quería, pois axudara a criarnos.

Recordo, cando era velliña, miña nai sentábaa nunha cadeira fronte á ventá onde estaba a camelia branca. Que pensaría vendo aquelas flores? Recordaría tempos lonxanos, a súa vida, as fatigas, que non serían poucas. Cando pequenos, morréronlles os pais. Quedaron catro fillos orfos. Contaba que os únicos bens que tiñan era un ferrado, unha sella, unha mesa, un banco. O lugar non era deles; pero, como do traballo sae todo, no ano 1.904, compraron o lugar. Custoulles cinco mil pesetas. Neses tempos, era moito diñeiro.

Coidaban moi ben os prados, os animais, as terras. Tiñan de todo. Os irmáns foron morrendo. Quedou a madriña soa de irmáns. Xa maior, un día, foi ao xardín, unha finca moi bonita. Ao chegar á casa díxolle aos sobriños: “Funme despedir do xardín, podo morrer tranquila”. Naqueles tempos, ter onde traballar, era non pasar fame.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES