Saudade e outras historias
Cachaza Platas, Mercedes - lunes, 28 de septiembre de 2015
Aló polo mes de maio do presente ano, chegounos a noticia de que cesaba, como Directora da UNED na Coruña, a nosa benquerida e primeira directora, Dona Susana Blanco Miguélez, quen con moito esforzo, moito tesón e moitas horas de dedicación- conseguíu conquista-los nosos corazonciños, botando a andar a UNED Sénior na Galicia Rural o ano 2.008.
Todo o Alumnado viu como se lle encollía o corazón polo que puidera pasar no futuro.
¿Por qué se encolleu o corazón do Alumnado Sénior da UNED na Galicia Rural?
¿Por que, sendo un colectivo tan experimentado e tan curtido?
Por moitas razóns.
Salientaremos algunhas:
-Porque, nel había unha ansia agachada de aprender neste momento o que non puidera aprender en tempos pasados.
-Porque, a UNED Sénior da Galicia Rural xa fixera mella no ser interno deste Alumnado de idade cronolóxica avanzada; pero psicoloxicamente moi rexuvenecida.
-Porque, entre o grupo xa se crearan lazos de relación moi fortes.
-Porque, este Alumnado tan peculiar sabe a importancia que este proxecto leva consigo a nivel persoal, familiar, social, sanitario, económico, cultural, afectivo
etc, etc...
-E
¿Por que..?
¿Por que...?
¿Por que non dicilo?
Porque o noso Coordinador creador de tan xenial idea- soubo e sabe facer moi ben o seu labor e tennos a todos metido no bote. No bote da UNED Sénior, quixen dicir.
O noso Don Luis, é moito Don Luis.
Unha persoa que non deixa indiferente a ninguén, pero para o Alumnado da UNED Sénior da Galicia Rural, é sencillamente:
¡DO QUE NON HAI!
O día 19 de xuño, co gallo da Entrega de Diplomas na sé da UNED na Coruña, despedimos con moita emoción á nosa benquerida Susana e soubemos o nome do novo directorda UNED:
D. GERMÁN CARRO FERNÁNDEZ, quen daquela andaba por Madrid e quen hoxe nos honra coa súa presenza, aquí en PADERNE.
¡Benvido, Don Germán!
¡Benvido e ben recibido!
Este colectivo, aquí presente, en representaciónm de todo o Alumnado da UNED Sénior na Galicia Rural, móstralle os seus repetos e o seu agradecemento, por acoller este proxecto e pola súa presenza, hoxe entre nós.
É moi gratificante saber que o novo Director nos acolle cordialmente nunha das aulas que a UNED Sénior, ten espalladas polo territorio galego.
Hoxe, tocoulle a PADERNE, un auténtico Paraíso entre Ríos situado nas Mariñas Coruñesas.
Agardamos velo por aquí máis veces.
¡Será, un pracer!
Pero non nos reunimos tan só para expresa-lo anteriormente exposto.
Reunímonos, tamén, por outras moitas razóns, entre elas:
-Para ensaiar algo a actuación da inauguración do curso 2015-16 que terá lugar o vindeiro día 1 de outubro, en Guitiriz, xa na provincia de Lugo e ó mesmo tempo darle unha pouca guerra, ó noso excelente Profesor de música:
Don Francisco Javier García Canto.
O noso benquerido:
FRAN
FRAN CON LETRAS MAIÚSCULAS
Tamén temos unha aula en Pontevedra, outra en Lugo; e preguntámomos:
¿Que fai Ourense?
¡Contamos contigo; Ourense!
- Para ve-las caras do noso Coordinador, a dos nosos Profesores e as nosas Autoridades, ós que facía que non víamos.
- Para recibir bicos e apertas, celebrando a amistade que se forxou a través da UNED Sénior entre persoas de diferentes concellos, diferentes provincias e diferentes bispados.
Pero, eso sí: TODOS SOMOS UN
- Para solidarizármonos con tantas e tantas mulleres de diferentes partes de mundo mundial que sofren unha das lacras máis antigas da Humanidade como é a trata de brancas e a prostitución indesexada.
- Para poñer en coñecemento de quen corresponda desta vergonza tan grande que denigra a dignidade humana.
- Para que, cantas persoas se dedican a este suxo e inhumano negocio, poñan unha man no corazón e reconduzan a situación:
¿Gustaríalles que fixeran outro tanto coas súas nais, coas súas irmás ou coas súas propias fillas?
¿Non sobran maneiras honradas para gañarse a vida?
¿Hai algo mellor que levar unha vida honrada?
¿De que nos serven tantos séculos e milenios de civilización?
¿Cómo pode consentirse esto nos tempos actuais?
Desde a UNED Sénior Galicia Rural dicimos:
¡BASTA! ¡ BASTA XA, DUNHA VEZ POR TODAS!
¡Queremos un trato digno e humano para tódalas persoas sexan do sexo, relixión, lingua ou lugar que sexan!
TODOS SOMOS SERES HUMANOS.
A UNED Sénior da Galicia Rural, solidarízase con todo tipo de sufrimento porque desexa para todos una vida feliz onde se poida respirar a paz, a alegría e a tranquilidade da que nós disfrutamos e queremos contaxiar e compartir.
¡Moitas grazas!
(MERCEDES CACHAZA PLATAS é Alumna da UNED Sénior da Galicia Rural en PADERNE
A Coruña).

Cachaza Platas, Mercedes