Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Autopista A-9 pode ser un incordio

lunes, 10 de julio de 2006
Hai un par de días, o paso obrigado que supón a Ponte de Rande para acceder á capital galega do sur, quedou colapsado por un accidente, e as colas de varios kilómetros supuxeron a volta a tempos xa lonxanos, evidenciando a absoluta dependencia de milleiros de conductores cada hora por unha ponte na que ata hai moi pouco se podía circular a 120 por hora, e agora quedou reducida a 50.

Esto, na autopista que accede a Vigo, gratis para os residentes da zona e onerosa para tódolos demáis.

Pero este atasco e colas de varios kilómetros prodúcese no verán tódalas tardes dos domingos na autopista Coruña-Ferrol, polos coruñeses que voltan á súa cidade ou os lucenses que retornan desde a costa coruñesa pretendendo salvar problemas como a circulación normal na antiga N.VI ou a Feira medieval de Betanzos.

Entre as oito e as nove da noite do domingo, o atasco provocado na peaxe de entrada a A Coruña, que á vez canaliza o tráfico da autopista hacia Santiago, era de máis de dez kilómetros, levando máis de dúas horas este recorrido, precisamente polo feito de ter que parar para efectuar un pago poucas veces dilixente porque non son moitos os usuarios que utilizan a telepeaxe ou as tarxetas de creto.

O que debía ser medio de axilización do tráfico, garantido polo pago da exclusividade de circulación, convértese en todo o contrario polas imprevisións da entidade que xestiona a autopista que non impide o excesivo acceso á rede e non consegue que o tráfico circule con fluidez nunha autopista de pago o segundo fin de semana do mes de xullo.

As autopistas non deben ser un incordio, pero poden selo. A A9 foino na tarde-noite do domingo, no perfecto exemplo do que non pode suceder nunha vía primordial explotada por unha empresa privada en comparación coa rede pública do Estado.

Mentras as estradas públicas, provinciais ou estatais, permitían unha circulación fluída, a autopista estaba totalmente colapsada de xeito vergoñento e preocupante. Era – foi – o mellor argumento na súa contra: Pagar para non ter un servicio axeitado, mentras que o bo servicio estaba nas estradas libre, debe facernos pensar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania