Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iago Santalla: mestre e amigo

viernes, 25 de septiembre de 2015
Meu querido coach e amigo:
Quero agradecerche o aprendizaxe vivencial que, ao longo destes últimos cinco anos, tiven a fortuna de poder compartir contigo.

Grazas a il, descubrín qué quero realmente e cómo conseguilo. Encontrei Iago Santalla: mestre e amigoas claves para pensar por min mesmo e darlle forma e sentido ás miñas propias respostas. Aprendín a definir metas claras e específicas nun marco temporal, a desenvolver o meu potencial de forma metódica, estruturada e obxetiva, así como a identificar as súas interferencias, a innovar, a deseñar estratexias, a ser creativo, e innovador e a transformar os meus medos en retos.

Agora que o penso, en realidade non me ensiñaches nada. Como bo mestre, preguntachemo todo.

As túas preguntas: claras, directas, humildes e sinxelas, seguen vivas na miña memoria.

Recordas, cándo, despois dun breve silencio, coa túa voz enérxica e ao mesmo tempo cálida e fraternal, dicíasme, Manuel, primeiro reflexiona e logo actúa:
¿Para qué es útil para que es inútil?
¿Cáles son as túas alancas e cáles son os teus freos?
¿Cáles son as túas metas?
¿Qué podes aportar ao teu entorno?
¿Cáles son os teus medos?
¿Cómo os podes vencer?
¿Qué cambiarías de ti mesmo?
¿Algunha vez, coa túa actitude, negaches as túas propias posibilidades?
No que queres ser ¿cánto hai de posible e de imposible?
Pensa cántas veces dixeches “non podo” e en realidade podías.
¿Hai algo dentro de ti, que te separa do que queres ser?
¿Cómo podes superalo?
¿A qué distancia estás do que queres ser?
¿Cáles van a ser os custos do recorrido? ¿Qué obstáculos podes encontrar?
¿Podes perxudicar a alguén ou, polo contrario, haberá xente que se verá beneficiada?
¿Cáles son os teus límites?
¿Qué ilímites che serven de contrapeso?
Cando te ilusionas ¿a qué distancia están as túas ilusións da realidade?
¿Cánto do que consideras imprescindible para ti non o é realmente?
¿Cómo queres que te recorden?
¿Qué sentimentos ou emocións te calas e en realidade deberías deixar aflorar?

Esas preguntas foron para min como descargas eléctricas. Por medio delas, achégacheme a finalidade da miña misión, que é “sacar o mellor de min mesmo”.
Anímacheme a actuar, a extraer poderosas ensinanzas da experiencia vivida, a activación da conciencia, o diálogo comigo mesmo, o compromiso, a disciplina a acción, a orientación a resultados, o deseño de estratexias co fin de conseguir ser o que realmente estou chamado a ser. Contigo descubrín, que unha das claves, está en marcar retos altos e de utilizar todas as capacidades.

Coas túas preguntas axúdacheme a identificar o qué realmente quero, e o preguntarme de novo, encontrei o cómo levalo a cabo. Descubrín, quo o qué e o cómo, están correlacionados son persoais e intransferibles. Aí está a maxia de saber sabéndose, e de aprender a traballar coas nosas fortalezas e a dirixirnos en base ás nosas competencias.

As túas preguntas axudáronme a identificar o meu mundo dentro de outros mundos, a mandar obedecendo e a descubrir que somos iguais porque somos diferentes.

Descubrín que non eras o meu confesor, nin o meu adestrador, nin o meu mentor, nin o meu consultor, nin o meu xuíz; tampouco, o meu psicólogo. Soamente te dedicaches a sacarme a venda que tapaba os meus ollos; e me colocaches diante dun espello, e te fuches dicíndome:
“é o teu momento Manuel”.
Colle o tempo necesario hasta que te encontres contigo mesmo.

Agora es ti ante ti mesmo, sen intermediarios nin mediadores.

Ese espello devolveume a miña propia imaxe en tempo real. Esa observación de min mesmo desde fora de min mesmo criou un momento, primeiro de confusión, e, logo, de conciencia.

Solo nese instante puiden romper os paradigmas que tiñan atrapado o meu talento e me dificultaban identificar as miñas sendas, cos seus bordes, cos seus nodos e cos seus fitos, para poder camiñar con sosego e tranquilidade por o camiño da vida.

Iago, mestre e amigo. O próximo día 28 de setembro as 17 horas, na Facultade de Humanidades de Lugo, aí estaremos, para disfrutar e seguir aprendendo da teoría dos ILÍMITES, na lectura da túa tese de doutoramento.

Unha vez máis, beizón polas túas leccións de vida e de aprendizaxe.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES