Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non lle quedou outra

miércoles, 23 de septiembre de 2015
O Préxego quixo que o can que andaba por entre as vacas no monte dos Currás se achegase a el porque ían merendar. Para elo asubiou con dous dedos metidos na boca e nun santiamén chegou o Lacazán á súa beira. O Préxego chámase en realidade Dionisio Saltón Suárez e nacera nunha mañá de inverno do ano 1969. Era fillo único, do matrimonio formado por Ataúlfo e Ludivina, os Amantes de Teruel, aínda que eles eran de Cachagonza, no concello de Baños de Molgas.

O Préxego non quixera estudar e non lle quedou outra que marchar para Suíza. O Préxego non quixera traballar e non lle quedou outra que volver para Cachagonza. Aquí non quería facer nada, pero non lle quedaba outra que facer algo. Se quería vivir. Andaba detrás das vacas. E de cando en vez tiña que cavar, e arar, e rozar. El mesmo pensaba que estaba traballando máis ca nunca. Agora dábase de conta que lle daba igual; era feliz co seu can Lacazán.

Deulle unha boa codia de pan e, ó mesmo tempo, pasoulle a man polo lombo. O can de palleiro deulle ó rabo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania