Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha illa comunitaria

martes, 22 de septiembre de 2015
Ribadeo, Porta norte, din. Nese caso, o marco da porta é a ría, a ría de Ribadeo. E un dos piares de asento da ría é a illa Pancha. Un dos algo que mantén a identidade de Ribadeo a traverso da historia, un algo común.

Común era cando no século XIX (1857) se levantou o primeiro faro, unha instalación de servizo comunitario feito con cartos públicos (é dicir, de todos, ao través de institucións de xestión) e así seguiu a desenvolverse nas diferentes modificacións sofridas dende entón.
Mais, sendo común, hai tempo que se furtou á comunidade o uso de certas partes para o seu desfrute. Non a súa luz, senón o seu acceso. Iso facilitou, ó deixar de ser usado o edificio principal da illa, que se fora deteriorando no esquecemento, que se vira como algo alleo por moita xente, aínda que siga a ser a porta da porta de Galicia, un lugar icónico, de moitas lembranzas non só para mariñeiros.

E así chegamos á situación actual:a dependencia dun organismo estatal fai posible a inclusión da illa nun plan que pretende recadar cartos por medio da cesión temporal do espazo para uso privado.

Noutro lugar (Xábia), a comunidade levantouse, e con ela, os seus representantes no concello, e a disposición a nivel estatal quedou sen efecto, e o faro será destinado ó futuro da comunidade. Noutros, puxéronse en marcha co cambio político municipal (Portocolom, Sóller) e están loitando nun sentido parello.

En Ribadeo, descubrimos que podía haber cambios en relación ó faro hai máis dun ano, co mecanismo burocrático en marcha, e xa pasado o prazo de reclamación ante a petición que aproveitaba a posibilidade de arrendamento. A cousa quedou sen grande repercusión ata o anuncio de que ía haber unha concesión en firme.

Hai cousas que pode ser difícil controlar: unha disposición a nivel estatal é difícil que chegue a toda a xente se non se lle da adecuada difusión. E en Ribadeo non só non se lle deu difusión ó ser concibida a norma xeral, senón que tampouco se soubo da súa aplicación á illa Pancha, máis aló dunha nota perdida nun taboleiro ateigado fóra de tempo para reaccionar, nin se fixo nada por achegar a información ós ribadenses. A información estaba en Ferrol, e nada de internet nin modernidades desas. Tampouco queda Ribadeo preto de Madrid, salvo que se teñan contactos, para estar previdos. Por último polo momento, tampouco, unha vez percibido o alcance do tema, e xa procurando máis que nada información sobre a postura do concello para ver os apoios recibidos, se sabe nada de informes emitidos, pedidos tanto de xeito individual como por algunha asociación de veciños (rexistro de entrada 2015-E-RC-8223, 14 de xullo).

Non sei en que rematará todo, nin cando, pero estou vendo o que está a suceder: teña razón ou non, a xente non conta, non está a ser nin considerada, mentres un ben común, patrimonio ribadense, está a pasar a depender da vontade privada.

... Continuará.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES