Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (79)

miércoles, 23 de septiembre de 2015
As Mimosas

Cando nena, gustábanme as mimosas. Recordo, no camiño de Betanzos, nun lugar que se chama A Costa. Había moitas e moi bonitas. Gustábame facer ramiños con elas; tamén me gustaba o seu olor. Pero, nunha etapa da miña vida, tiña un floreiro enriba da mesa; parecía que estaban contentas. Pero, eu tiña un fillo morto ao meu lado. Mirando para as flores, odieinas para sempre. E, cando as vexo, despois de trinta anos que pasou isto, téñolles pánico. Non sei explicar o que me pasou, pero, foi para sempre. Se chegara a odiar así a algunhas persoas, sería a miña vida moi triste.

Hai momentos na vida que quedan gravados para sempre. Non me estraña eses nenos que son violados ou maltratados polos maiores, que lles queden secuelas para mentres vivan.

Deberiamos facer a vida fácil á xente que nos rodea ou nos necesita. Xa temos momentos malos e tristes para que aínda nos compliquemos máis.

Cando somos novos, parécenos que somos os donos do mundo, pero, logo, dámonos conta que todo pasa moi axiña. Debemos estar preparados para marchar.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES