Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiños de Exilio

miércoles, 23 de septiembre de 2015
Alén das causas políticas e históricas que desembocaron na crise actual dos refuxiados, causas que non me sinto capacitado para analizar dunha maneira obxectiva e/ou exhaustiva, trátase dun drama humano no seu máximo expoñente. Non imaxino peor traxedia persoal que deixar todo o que foi teu sabendo que non vai quedar nada, non só do teu, senón tampouco do teu pobo e da túa xente. Estamos a falar dun éxodo sen camiño de regreso que deixa soños feitos cascallos á procura de incerteza. É unha viaxe da nada á nada e nesa viaxe descobres que ás portas da salvación es un número a repartir. Unha persoa que perdeu todo despois de telo todo (lembremos que están a vir xentes de profesións e formacións moi variadas) vendo que as loitas da vida esmoreceron coas bombas do fanatismo e da interese xeoestratéxica.

Esta é a traxedia que milleiros de persoas están vivindo nas fronteiras exteriores da UE mais cómpre lembrar que non hai tanto tempo que Europa vivía este tráxico éxodo fuxindo do nazismo e do comunismo.
Entón non debería facer falla falar da diferenza entre afrontar un exilio e afrontar unha migración. A diferenza é poder volver cando se queira nunhas condicións que garantan a propia integridade. Isto marca un abismo que nos obriga a analizar cada caso e tratalo de xeito pormenorizado xa que como demócratas (e en moitos casos cristiáns) non podemos moralmente negarlle o asilo a ninguén. Ter esta convicción tamén supón un exercicio persoal de memoria histórica e pensar que quizais chegou a hora de facer o que fixo por nós Lázaro Cárdenas no ano 1939 fretando o Sinaia, o Mexique e o Ipanema cara México nos que moitos perseguidos polo novo réxime salvaron a propia vida.

Máis alá dos problemas económicos a moral democrática imponnos o deber de axudar a preservar vidas e isto ten que ser un eixo fundamental de unión que nos leve a tratar esta crise con empatía. A realidade convídanos a ver como a torta da historia dá a volta e de aí nace a oportunidade de decidir cómo queremos actuar. Podemos virar as costas e consentir un novo xenocidio ou dar a cara e comportarnos como verdadeiros demócratas sabendo ademais que antonte eran os nosos avós, avoas, bisavós, bisavoas os que tiñan que fuxir alén do mar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania