Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sanidade, paso a paso

miércoles, 05 de julio de 2006
Cando os turistas extranxeiros nos contan as realidades da súa sanidade, alucinamos. Cando os nosos van fóra, tamén contan milagros a centos do que ocorre por Europa adiante en canto á atención sanitaria, as medicinas, os hospitais, a sanidade privada e a vantaxe de ser membros das nacións máis avanzadas de Occidente.

E, coma sempre, esquecemos o que pasou neste país nos últimos corenta anos.

A cobertura pola Seguridade Social da práctica totalidade da poboación galega, a revolución que supuxo que os traballadores do campo accederan á sanidade pública, a creación de centos de camas nos hospitais, os ambulatorios, as consultas en cada concello… Como foi unha mellora paulatina, practicamente nin nos demos conta do que fomos mellorando.

Segundo foron medrando os servicios e atencións, foron medrando tamén as nosas necesidades colectivas, e as nosas esixencias, de xeito que sempre iremos por diante en peticións en relción coas realidades que nos ofreza un sistema que dista moito de ser perfecto, pero está camiño da excelencia.

Estes días avánzase un paso máis ó facerse cargo o Sergas dos empastes dentais dos rapaces en edade pediátrica. Se ben esta asunción farase de forma paulatina a partir do próximo setembro, vaise notar de forma directa porque os pais de familia deixarán de ter que aboar uns precios que se calculan entre 30 e 100 € por cada peza que hai que empastar ós nenos. Ostensible beneficio directo, de los que más se aprecian.

É un pequeno paso, pero moi importante. E a vida, a fin de contas, é unha serie de pasos que hai que dar.

Avances coma este acreditan un servicio, e compre deixar constancia deles.

A Sanidade pode e debe ser un dos nosos máis grandes orgullos colectivos. Compre seguir avanzando, pero moito se consegueu xa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES