Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isaac Alonso Estraviz: Arraiano maior 2015

martes, 15 de septiembre de 2015
Para a cultura galego-portuguesa, e tamén universal, o próximo día 19 de setembro, é un día grande dos grandes, moi importante para todos nós, dado que, corresponde escoller a esa persoa de ben, referente ético, xeneroso, intelectual e comprometido ca cultura e o territorio arraino.

Este ano o Arraiano Maior é Isaac Alonso Estraviz, e o lugar de encontro, é ese espazo máxico e sagrado da capela da Nosa Señora do Xurés, un dos puntos cósmicos do mundo arraiano.

Isaac, ten unha historia de vida moi significativa, ampla, plural e creativa, que nos está a aporta valor de forma continua e con insistencia.

Home sincero, humilde, e auténtico, en quen non hai dobrez nin engano. Intelectual comprometido, fonte de sabedoría, ele é nestes momentos o Pastor Maior da Palabra do mundo galego-portugués.

Isaac, traballou sen descanso para que o galego recuperase o seu esplendor e deixase de ser unha lingua empobrecida, tolleita e doente.

Home de formación sólida e ampla nos campos da lingüística, da literatura e da historia.
Deste enorme caudal creador destaca esa obra maestra em papel e internet que é o Dicionário da Lingua Galego-Portuguesa, e-Estraviz, em Portal Galego da Língua, com jogos didácticos brincar com as palavras, 2005.
Actualmente con máis de 133.000 entradas en internet.

Este Dicionário é unha explosión de luz no universo da língua. Dirigido magistralmente e actualizado pola mao experta do mestre-artesano Estraviz.

Isaac, nós estamos orgullosos de ti, sabemos que:
1. Es valente para mudar todo aquilo que hai que mudar e se pode mudar.
2. Tranquilo, por esperar para mudar aquilo que hai que mudar e de momento non se pode.
3. Sabio, por saber diferenciar unha situación da outra.

As túas múltiples facetas de profesor, lexicógrafo, tradutor, editor e activista cultural, xúntase a de Arraiano Maior.

Estamos seguros que a túa dimensión intelectual, sabe dinamizar todas estas capacidades, para crear as sinerxias que sirvan de guía a modo de farol, e marquen o rumbo dos arraianos neste ano apaixoante que temos por diante.

Amigo Estraviz, por ser como es, sempre terás a nosa admiración, gratitude e cariño.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES