Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apuradas

lunes, 14 de septiembre de 2015
Aconteceume nantronte en Santiago, ó mesmo tempo que os gandeiros galegos facían visible a súa problemática e loitaban polos seus dereitos e polo futuro da Galicia rural cos tractores estacionados nalgunhas das principais arterias da capital.

Vaia, pois, por diante a miña empatía e a miña solidariedade máis sincera con todos eles, agardando que dunha vez por todas o seu producto sexa valorado como debe ser, é dicir, como producto de primeira necesidade, non só polas empresas transformadoras e polos grandes intermediarios, senón tamén por tódolos consumidores, de forma que cando vaiamos mercalo ó supermercado o consumamos coma un producto básico da nosa alimentación e non como un simple complemento comercial na adquisición doutros productos, que é o que, entre outras cousas, lle acaba restando valor.

Pero, vaiamos coa anécdota, que estou seguro de que máis dun lector acabará sentíndose representado nela.

Pasaba algo das catro da tarde cando me acheguei ó estacionamento onde -despois de dar unhas cantas voltas por ruelas pouco transitadas- deixara o coche estacionado pola mañá. Por esas cousas da fisioloxía humana que cando deciden que é hora de saír piden permiso durante pouco tempo, acerqueime á cabina de información para informarme de onde estaban os servizos, pois non estaban, que se diga, moi ben sinalizados.

"Boas tardes", díxenlle ó home que estaba ó cargo do posto de atención, a non máis dun metro de distancia e facendo un reconto de tiquets. "Boas tardes, pode dicirme onde están os servizos?", volvín repetir, dado que o operario semellaba estar noutro mundo, abducido pola complexa suma na que estaba ensarillado. E por terceira vez, alzando a voz ó nivel da presión á que me vía sometido por dentro, case lle berrei que me dixera onde estaban os servizos, cousa que provocou que se trabucase na conta e me berrase el a min tamén mandándome case para o "carallo" por esnafrarlle a concentración e dicíndome o tópico de que estaban ó fondo á esquerda.

Loxicamente, tan pronto albisquei a dirección encamiñeime cara a porta e unha vez realizada a "micción", volvín con paso firme sobre o andado cara o posto de control, esixíndolle información sobre os seus datos persoais para facerlle chegar unha protesta formal á empresa. Entón a actitude do señor mudou radicalmente de expresión e comezou a pedirme repetidamente desculpas e perdóns, tratando de me explicar que estaba apurado porque non lle saían as contas.

Entón eu díxenlle que cada quen sabía das súas propias apuradas e que a súa obriga era atender ó cliente, por máis que tivese que repetir a suma media ducia de veces.

Evidentemente, non lle farei chegar a miña protesta ó seu superior, pero cada vez detesto máis a esa xente á que lle poñen un sucedáneo de uniforme e a colocan detrás dun mostrador, pois, con máis frecuencia da desexada me teño sentido ó seu carón peor ca noxento leirón.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES