Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Leccións de solidariedade

lunes, 14 de septiembre de 2015
Hai equipos en case todos os deportes que moitas veces fanse querer. Por ser demasiado modestos, por ser sufridores, por ser o irmán pobre da cidade, porque os seus xogadores visten de tal ou cal maneira, etc. Eu recordo sempre ó Estudantes como o equipo ó que os afeccionados ó baloncesto lle tiñan máis cariño. Por ser o modestiño de Madrid e por ser o que quizais máis apoiase á base, ós cativos que empezan. Seguro que por esa pobreza de non poder fichar grandes xogadores.

Creo que foi nos anos 70 e 80 cando mellor estivo, cando tiña máis fama. Pois ben, o pasado venres lin unha noticia que me fixo lembrar todo ese cariño que sempre se lle tributou e que, agora, hai que seguir tributándolle.

Resulta que o Estudantes vai crear unha escola de baloncesto dirixida principalmente ós nenos refuxiados. Aí está; son detalles que quéirase ou non fanche brillar os ollos coa emoción ó percorrer as liñas da noticia. E non só iso; vai incluso algo máis alá: tamén organizará un partido solidario, que será o da primeira xornada da liga.

Aí, ó pé do canón. Un equipo aínda máis modesto có dos anos citados. Sempre cos máis necesitados, cos máis desamparados deste mundo. E hai a tira deles. Un equipiño dándolle leccións de solidariedade ós grandes de España. Estes van ó negocio. Aquel a mirar para o embigo do ser humano. Grazas, Estudantes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania