Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

In Memoriam de Manolo Blanco...emigrante errante!

lunes, 30 de noviembre de -1
Benquerido Manolo: Noraboa e felicidade eterna para ti, noso fiel amigo! Seguimos a contar contigo! En mellorada posición! Amigo inseparable de Deus que te acolleu no medio da túa difícil vida de “emigrante, sempre errante”, e te segue acoller agora, agarimosamente e para sempre, na única, verdadeira e definitiva Patria. Tamén amigo dos amigos. Especialmente dos máis pequenos que aínda circulamos por este noso aloucado mundo que ti tentaches de ir asimilando con paz, paciencia e comprensión.

Despois de moitos atrancos e dunha vida chea de dúbidas e incomprensións tanto no eido físico coma no psicolóxico (e mesmo relixioso) chegaches á túa madureza e tamén á meta definitiva, sendo dono de ti mesmo e loitando, con fe e esperanza, ata ao final. A túa dura enfermidade, (a “dos osos quebrados e doídos” xunto co teu cárcere especial da diálise) levoute a encarar, varias veces, á mesma morte, sen medo, contra a que, polo teu carácter forte e impulsivo, tamén moitas veces te revelaches coa carraxe dun home forte/valente e sobre todo “home de moita fe”, acrisolada na vida. Esta actitude ven de purificar as túas debilidades. Nunca te vin con fe esmorecida e/ou aletargada ou durmida, a pesares dos trancazos que fuches encaixando. Conserváchela ata á fin!. Foi o outro gran regalo que che deu o Señor. Como tamén que che se cumprise parte dos teu íntimo desexo de que os teus restos mortais repousasen no teu endexamais esquecido Lugo, na túa amada cidade do Sacramento, que foi testemuña do teu nacemento e pola que tanto suspiraches ata o derradeiro alento. Fuches, coma outros irmáns da Terra, “un galego emigrante e errante” que fuches espallando e sementando por diversas partes do mundo (como relixioso franciscano e como persoa aberta aos demais) a Mensaxe de Xesús, nos difíciles anos da aínda no asumida transición (tamén da Igrexa) a que ti tanto amaches e quixeches sempre. O teu testemuño de traballador incansábel e de persoa preocupada por espallar a cultura e sobre todo de “enaltecer aos pobres e humildes” nas túas biografías, deixou sinais claros en Holanda, EE.Unidos de América, Venezuela, Suíza, Salamanca, e sobre todo en Barcelona, onde viviches os máis felices anos da túa ampla e produtiva vida. Desde o gozo e a gloria que o Señor che tiña xa reservada desde a eternidade e á que ti tentaches de responder con coherencia, óllanos coa túa mirada bondadosa e comprensiva e bótanos unha man aos que aínda andamos na loita por aquí abaixo. Coma o ancián Simeón, xa “sucedeu” o que ti tantas veces me tes comentado lle dicías ao Señor: “Lévame para alá...agora xa podo morrer en paz...porque os meus ollos viron...cara a cara aos Salvador” ¡Que descanses na paz Deus, benquerido amigo!.

(Xesús Mato, en nome propio e dos seus amigos/as)
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES