Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Persecución actual dos cristiáns (II)

lunes, 14 de septiembre de 2015
COMPÁS SOCIAL: A PERSECUCIÓN ACTUAL DOS CRISTIÁNS (II)

IRAQ

O informe completo de “O libro negro da condición dos cristiáns no mundo”, despois dunhas consideracións xerais sobre a persecución dos cristiáns feitas por varios analistas, comeza cos datos concretos e análise da situación en varios países do Oriente Próximo e Medio, en concreto, en Iraq, Siria, Irán, Arabia Saudí, Israel, os Territorios Palestinos, Líbano e Turquía. Dentro dalgunhas liñas xerais do rechazo e marxinación dos cristiáns das diversas confesións, hai persecucións sanguentas con característica propias en cada país. Por mor da obrigada brevidade, hoxe falaremos só de Iraq onde durante vinte séculos conviviron co Islam varias primitivas comunidades cristiás.

Iraq, do éxodo a depuración
En 10 anos, desde a primeira guerra do Golfo ata hoxe, os cristiáns afincados en Iraq pasaron de ser 1,2 millóns a tan só 450.000. As guerras iraquís, ademais das intervencións de Occidente, foron entre dúas ramas do Islamismo, Sunnitas e Chiítas. A isto engadiuse no verán do 2014 as loitas dos yihadistas que proclamaron o Estado Islámico (EI), no que combatentes sumamente crueis atacaron as comunidades cristiás bimilenarias. Desde o Califato de Mosúl empezou a caza dos non musulmáns, dándolles a alternativa de converterse ou morrer. Deuse e segue dándose na práctica unha terceira vía, fuxir para zonas illadas ou refuxiarse en países próximos ou afastados.

Os N=Nazarenos, Cristiáns en árabe, formaban en Iraq varias minorías: cristiáns chiítas, Yézides, Chabaks, Turcománs e algunhas máis que vivían en Mosul e arredores. Nun primeiro momento eses cristiáns refuxiáronse en Qaraqosh (a 30 Qms de Mosul) e noutras vilas da planicie de Nínive, para logo poder fuxir o Kurdistán iraquí onde non actuaban os yijadistas. Nos últimos dez anos outros miles de cristiáns lograron emigrar a Siria, o Líbano, a Xordania e a Turquía. Mais neste peregrinar moitos deles foron descubertos e asasinados, os seus bens espoliados e os edificios relixiosos incautados ou derruídos.

As comunidades cristiás autóctonas de Iraq pertencían esencialmente á etnia asirio-caldea, de lingua e cultura aramea e siríaca, que se dividen en dúas grandes igrexas apostólicas: a Igrexa de Oriente e a Igrexa Siria de Antioquía, cada unha con algunhas diferencias dogmáticas; e delas xurdiron dúas ramas católicas: a Igrexa Caldea e a Igrexa Siria. Todas estas igrexas representan o 90% dos cristiáns iraquís, e o restante 10% de cristiáns pertencen a igrexas minoritarias de recente implantación, tal como os latinos, os protestantes, etc...

As comunidades dos cristiáns iraquís estaban situadas principalmente na capital Bagdad, en Mosul, nas vilas da planicie de Nínive e no Kurdistán. Antes de 1990 había en total 1,2 millóns de cristiáns, en 2003 uns 800 mil e agora quedan uns 450 mil. Neste período contabilizáronse polo menos 1.300 asasinatos e un innumerable número de exiliados por todo o mundo. Os ataques empezaron tendo como pretexto a venda de alcohol por parte dos comerciantes cristiáns, algo que era totalmente legal. O momento culminante destas persecucións foi o atentado o 31 de outubro de 2010 contra a Catedral Católica de Bagdad, no que morreron 46 persoas e houbo moitos feridos. Nese asalto foi asasinado o Padre Thaer ó berro de “cálate infiel”.

Unha testemuña especial
Unha testemuña especial de esta tráxica persecución é a do ancián arcebispo siríaco católico de Mosul, Monseñor Georges Casmoussa, que foi raptado en Mosul por un grupo de islamitas armados e, como el nos relata, “foi levado coma un año o matadoiro”. Ameazado de morte, logrou salvarse despois dun longo interrogatorio feito polo Emir de Mosul. “Ti colaboras cos Americanos”, foi a acusación fundamental. Despois dunha interminable restra de preguntas, con respostas claras e contundentes, o Emir ordenou soltar ó arcebispo. Metérono no maleteiro dun coche militar e logo deixárono nun arrabalde da cidade. Hoxe este arcebispo é auxiliar patriarcal da Igrexa Siríaca Católica de Beirut, no Líbano.

Lograrán exterminar as igrexas cristiáns en Iraq? Os observadores máis pesimistas prevén unha desaparición pura e simple, a máis ou menos longo prazo; os optimistas, ó contrario, mesmo se o movemento migratorio segue preocupando e incluso inquietando, non obstante esas comunidades resistiron máis de dous mil anos en condicións sempre precarias e de moitas persecucións. Entre estas dúas perspectivas hai unha terceira máis realista: quedarán unhas comunidades cristiáns autóctonas nalgunhas zonas rurais illadas do Kurdistán e, se mellora a seguridade, resistirán algunhas comunidades máis nos grandes centros urbanos de Basora, Bagdad e Mosul. E por outra lado, continúa o constante movemento de cristiáns da diáspora con varios polos de atracción que forman comunidades en América do Norte, en Europa e Oceanía. Os movementos migratorios van seguir ampliándose cara Oriente e Occidente, e na era das comunicacións, a xerarquía relixiosa e Internet están servindo de enlace permanente. Se a paz chega e volve a seguridade a Iraq, o actual clima inquietante pode disiparse e as comunidades cristiáns da antiga Mesopotamia poderán reconstruírse en parte do territorio iraquí. A esperanza é o ultimo que se perde.

Unha sorpresa que se atopa na lectura deste libro é que algunhas comunidades relixiosas apostólicas e posteriores, fundadas durante os tres primeiros séculos, moitas delas rexeitadas polos concilios primitivos como heréticas, non desapareceron nin foron varridas posteriormente polas conquistas do Islam no século VII e seguintes, senón que resistiron marxinadas e de modo intermitente perseguidas durante vinte séculos ata a crucial encrucillada actual. Moitas delas tiveron un desenvolvemento propio durante a súa longa vida, proceso que acumulou uns valores de sumo interese humano e relixioso. Vale a pena esforzarse en coñecer esta historia calada e esquecida.
Pérez López, Xenaro
Pérez López, Xenaro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES