Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 10 de septiembre de 2015
O sorriso que seque as bágoas. Bágoas que choutan duns ollos cansados e apesarados, entristecidos. O medo é libre. A incerteza manca e doe, fai tremer as entrañas. Impotencia ante o descoñecido. A soidade é o cabalo de batalla co que hai que cabalgar. Pensas no futuro e asoma unha negrura que, máis seguro, torne primeiro a gris e logo a branco. Pero antes hai que pasalas negras, hai que pasalas moradas. Bágoas que bañan a cara. De medo. De impotencia. Agora son os pensamentos os que bulen por unha vida futura. Medo a non ter futuro. Mais non queda outra que botar man da esperanza e loitar contra as adversidades que aniñan nun. Toda loita ten a súa recompensa. Ten que tela. Non queda outra que confiar. E esperto e durmido tes que pensar e soñar que aquí estás ti, que nada e que ninguén é quen de conter, de cortar as túas ansias de supervivencia. Seca as bágoas, deixa caer un sorriso e pensa que máis alá de ti segues estando ti, e ti, e ti; e logo xa os demais. Agora, deixa que o sorriso seque as bágoas. Xa verás como o optimismo calma a incerteza.

Publican o que queremos ler

Hai bastantes anos xa que escoitara pola radio unha anécdota sobre as boas noticias nos xornais. Semella que en Inglaterra ou en Estados Unidos (xa non lembro ben) alguén propuxo crear un periódico que amosase tan só as boas noticias; as bonitas, as simpáticas, as sentimentais. O periódico foi ó tacho nun chiscar de ollos. Gústanos o morbo. En todo adoitamos empregar a mala uva. Lanzamos dardos ó torto e ó dereito. Día tras día non queda outra que ler novas sobre asaltos, asasinatos, violencia de xénero, accidentes, guerras, roubos… As primeiras páxinas nos xornais son deprimentes. Por que? E certo que a realidade non está para botar as campás a voar. Pero non me digades que en todo o mundo non haberá novas pándegas ou románticas. Seguro que en algún lugar un noivo se casa vestindo unha coroza feita de xuncas, ou un caza de calquera exército en vez de deixar caer bombas solta pétalos de rosas, ou que un touro lle salta na chepa ó toureiro. Estás de broma, ou que!!! Queremos ver sangue! Queremos ver o medo reflectido nos ollos do persoal. E, sinceramente, os xornais publican o que queremos ver.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES