Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (77)

miércoles, 09 de septiembre de 2015
Cando se vendía leña en Betanzos


Cando eu era nena, disto xa hai moito tempo, pois teño setenta e cinco anos, recordo ir con meu irmán, con leña, no carro das vacas. Naqueles tempos, cando se botaba a roza nos montes, cavábase o terrón. Logo, queimábase en pilas. Esa cinza esparexíase polo monte. Arábase e sementábase o centeo. Despois de recoller o froito, no sitio, sementábase o toxo para estrar as cortes do gando e o curral.

Cando se collía a primeira vez, deixábanse os toxos máis grandes. Pasaban catro ou cinco anos, xa gordos, arrancábanse e levábanse a vender a Betanzos, no carro.

Ata a carreteira, facíanse dúas viaxes, pois era camiño malo. Alí, poñían todo xunto. Para o outro día, aínda de noite, enganchábanse as vacas e cara a Betanzos. Había oito kilómetros. As vacas non sabían andar polas rúas empedradas; atravesábanse. Logo, na feira, viña a xente dos fornos, tamén para cociñas. Neses tempos, non había gas nin cociñas eléctricas. Por cento cincuenta pesetas, compraban un bo carro de leña. Adoitaba ser de toxo, carballo, piñeiro, salgueiro, búdio; non había eucalipto.

Eu xa era unha nena grande, chamando as vacas, pola rúa Travesa. Os cativos do pobo miraban para min coma se fose un bicho raro. Eles falaban castelán. Estaban finos, ben vestidos. Ser da aldea e falar galego parecía ser persoa de terceira. Recordo ir con miña nai á misa e as nenas chamábanme aldeá. Iso doíame. Pero, co tempo, fun aprendendo que o de fóra non é tan importante. Elas tampouco se daban conta do mal que me facían.

Hoxe, o galego está ben visto, pois é a fala dos nosos antepasados. Debemos querela, pois foi o primeiro que oímos despois de nacer.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES