Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marcial González Vigo

martes, 08 de septiembre de 2015
Marcial José González Vigo (San Andrés de Vea-A Estrada, 21-12-1945 / Lugo, 8-10-2013), foi un home singular, magnífico escritor e mellor amigo.

Despois de traballar en diversos medios, recalou en Lugo a finais dos anos sesenta, para ser parte importante da nova emisora Radio Popular de Lugo, e alí facerse moi grande na radio, especialmente no mundo da publicidade, pero tamén na información.

Naquel tempo difícil e feliz, conseguimos unha vintena de premios nacionais e internacionais de radio, facendo soar o nome de Lugo nos máis altos niveis da comunicación radiofónica.

Foi logo Premio Galicia de Comunicación, efectuou importantes investigación sobre a historia e a vida das parroquias do concello de Lugo, e publicou o libro “Poemas da Fontearcada”, no que poéticamente contaba historias humanas de xente normal, cada unha coa súa fondura espiritual e traxectoria de traballo e amizade.

Marcial era un excelente amigo de Xermolos e da Irmandade Manuel María da Terra Chá, asíduo aos cabodanos do Manuel en Outeiro, e participaba con entusiasmo en calquera iniciativa cultural ou social, como se lle fose a vida nela.

Tiña un corazón tan grande que non lle cabía no peito. E o corazón foille pasando factura nos últimos anos, nos que os sinsabores de máis preto contrastaban coa estimación xeral e o agarimo de todos os que o coñeciamos.

E ese corazón, sempre latindo polos demais, cansouse de resistir no san Froilán de 2013, deixándonos orfos da súa amizade, da súa presencia, da súa intelixencia, da súa imaxinación, da súa bonhomía… Súas irmás, seus amigos, todos os que o coñecemos, sentimos a súa perda. E dous anos despois, seguimos sentindo a súa ausencia. E sen embargo, tamén apreciamos que está entre nós, sempre connosco. Esa era unha das grandes virtudes de Marcial: estar sempre aí, ao noso dispor. E dóenos a súa ausencia física, pero a súa humanidade, a súa entrega, a súa devoción, está e estará sempre entre nós.

(Texto leido na homenaxe póstuma rendida o 8-9-2015 na Campa de Santa Isabel, cabodano de Manuel María, entregándolle ás irmás e amigas de Marcial A NAVALLA DO MANUEL).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania