Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pedaleando á Cova da Serpe

martes, 08 de septiembre de 2015
A marcha ciclista todoterreo (BTT) á Cova da Serpe o vindeiro sabado removeu a miña memoria. Esta serra sempre foi un foco de atración máxico que convida a andar para mergullarnos nos seus segredos e tesouros, emporiso ven envolta en lendas dende tempos inmemoriais.

A Cova da Serpe é unha das primeiras andaduras para calquera das e dos que principiamos a facer vida neste recanto. É a chamada da natureza, porén a boca da cova convídanos a penetrar nas entranas da Nai Terra e da nosa historia, arrolándonos no seu regazo, ao abeiro deste abrigo prehistorico.

Este tirón foi sen dúbida o que levou a unha das máis importantes matematicas do mundo, María Josefa Wonenburger Planells (Oleiros 1927-2014), aínda adolescente, a organizar nas súas tempadas de verán en Guitiriz excursións en bici ata esta Cova. Afecionada ao ciclismo converteu esta iniciativa nalgo obrigado na tempada estival da vila balnearia.

Noutra xeira falaremos da súa trascendecia coma científica e investigadora, á que o Ies Poeta Díaz Castro lle dedicou unha aula, e o concello de A Coruña un monolito no Paseo da Ciencia do Parque de Santa Margarida, ao pé do que o novo alcalde, Xulio Ferreiro, quixo inaugurar o seu cargo. Bos augurios para calquera politico local, porque esta deportista egrexia é un exemplo para a mocidade e a poboación en xeral de como medrar en saúde e sabedoría.

A traxectoria desta investigadora foi toda unha carreira de atrancos que ela superou con acerto, mesmo na súa condición de muller, cando non lle recoñecían en España o seu título de doctora acadado en EUA. A sementeira desta líder seguíu abrollando, e así o Fogar Rural Xuvenil de Guitiriz na postguerra tamén alongou estas escaladas á Cova da Serpe, nos anos nos que o Deportivo de A Coruña que volveu a visitarnos este verán no Balneario, se concentraba aquí pernoctando no Hotel Tomé (tempadas 41-42, 42-43. 44-45, 48-49, 49-50...). Adestraban no Campo da Insua, e nas dúas ultimas no Campo de Aviación. Pero sería nos 50 cando Guitiriz ía salientar no deporte local, sobre todo no atletismo con campións coma Suso Cruz, ao que anos despois lle ían dedicar o Campo de Fútbol.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES