Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguridade no tráfico

viernes, 30 de junio de 2006
O primeiro domingo do mes de xullo (tamén comezo de vacacións) a Igrexa católica de España celebra a “xornada de seguridade no tráfico” co o afán de colaborar con outros estamentos oficiais e privados na mellora dunha circulación máis segura e humana.

O lema do 2006 vai na liña de dous acontecementos puntuais: “Pensa na túa familia. Non perdas puntos”. Recolle a mensaxe do Vº Encontro M. das Familias en Valencia e a novidade do “carné por puntos” que vimos de estrear. A Administración quere garantir un tráfico máis seguro e fluído á vista da experiencia positiva de países veciños.

A familia, o ámbito educativo primeiro, a célula vital da sociedade, a primeira escola das virtudes sociais debe axudar e propiciar ir educando no aprecio ao valor da vida e da dignidade da persoa, no coñecemento e respecto ás normas que regulan o tráfico, na tolerancia das imprudencias dos demais e na cortesía e espírito á hora de prestar axuda. E non cabe dúbida dos beneficios que prestan á sociedade tanto os medios mecánicos coma as redes de autovías/estradas para a comunicación e unión entre os pobos e o seu desenvolvemento económico. Tamén paras as relacións humanas. Hai que agradecelos. Pero este beneficioso avance, que segue a se perfeccionar, produce efectos negativos (perda de vidas humanas, traumatismos, dor nas familias) que cómpre endereitar.

Estatísticas a ter en conta. Moitos accidentes e a maioría das mortes son evitables. Está comprobado que o alcohol, o exceso de velocidade e as distraccións (móbil incluído) seguen a ser as principais causas dos accidentes con mortos no noso País. Algúns datos: O exceso de velocidade duplica a mortalidade nas Comunidades do País Vasco, Madrid e Galiza. Os últimos accidentes da Costa da Morte (na que morreron varios rapaces por pistas secundarias) xunto coas distraccións ao volante ( un 39% dos sinistros no ano 2004, con 55.818 vítimas cun aumento dun 75% do 1993-2003) confirman o dito. Preto de 700.000 persoas conducen con somnolencia. (O 20% dos accidentes). En Galiza 1.000 persoas deron positivo e ían “sen cinto de seguridade” os últimos días.

A política está clara: Máis concienciación con información transparente e campañas. E máis represión, co “carné con puntos”. Quen se pasa, paga; incluso, co cárcere! Os imprudentes, volverán ás clases. Con amplo respaldo dos políticos e da sociedade chegando ate á reforma do Código Penal. Que todo sexa para pór fin a tanta morte absurda e a tanto sufrimento evitable. Todos e todas podemos e debemos facer algo para irmos erradicando este perigoso cancro inoculado nesta sociedade da pos/modernidade.

Agradecendo a boa e ampla acollida á reflexión Á BEIRA DO CAMIÑO deséxolles un bo verán. Se non hai novidade, volveremos polas festas do noso Patrón, San Froilán.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES