Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O debate da foto

lunes, 07 de septiembre de 2015
A foto impresiona. A foto deixa a un fundido practicamente para toda a eternidade. Algo moi semellante ó que lle acontecera a aquela nena colombiana, Omaira Sánchez, que morrera lentamente ante as cámaras de televisión naquela erupción do volcán Nevado do Ruiz que arrasara o pobo de Armero.

Agora estou a referirme á foto do cativo morto nunha praia turca. Saíu en todos os xornais. Ante isto, e fóra da impresión, chega o sempiterno debate: debeuse publicar?, non se debeu publicar?. Un amigo feisbuquiano soltaba a pregunta de se ese cativo fora un fillo ou un sobriño noso, se nos gustaría velo aí, en todo o seu dramatismo, se nos sentaría ben o morbo da imaxe, da exposición.

Outros, pola contra, parécelles ben a súa publicación para que sirva como un cargo de conciencia para todos os políticos do chamado mundo civilizado, para ver se así se lles altera a alma, se lles ferve o sangue e actúan. Véxoo complicado. Si, estes días haberá declaracións ás tontas e ás cegas, ó torto e ó dereito porque, ás veces, é certo que a conciencia manca e doe. Pero, como xa dixen non hai moito noutro relato, son declaracións para a galería, para que pensemos que toman cartas no asunto. Pero o que fixo sempre o “mundo civilizado” foi asoballar en todos os demais e, agora, ante as adversidades destes, mirar para outro lado. Coma sempre. Desde que o mundo é mundo. Case estou co amigo feisbuquiano: rexeitemos o morbo das imaxes porque, a fin e ó cabo, non imos solucionar nada... fóra desas declaracións para a galería.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania