Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida por puntos

viernes, 30 de junio de 2006
A escala nacional, o mundo político anda revolucionado. Nin siquiera hai consenso sobre o que significa “a escala nacional”, pero todos sabemos que o tema en cuestión é a decisión comunicada do presidente Zapatero de abrir diálogo para tratar de establecer de xeito definitivo a paz no País Basco.

En Galicia, tamén referida ó mundo político, toda alteración a alto nivel está referida á pretendida renovación do Estatuto de Galicia, da que no Parlamento galego ven de establecerse a primeira gran sesión de confrontación ou diálogo.

Pero a verdadeira cuestión que preocupa, a escala nacional, galega ou local, é o sometimento desde o primeiro de xullo da vida individual e colectiva ó sistema de puntos.

A inmensa maioría dos galegos utiliza o carné de conducir para o traballo ou para o lecer, voluntariamente ou de xeito forzoso, polo que é vital a súa posesión continuada. E a nova norma pono en cuestión permanente, como unha modernísima espada de Damocles pendurada sobre cada conductor.

Certo que é un sistema que parece reducir a mortalidade e se manifesta beneficioso nos países nos que entrou en vigor. Pero se a súa vixencia entre nós comeza de xeito radical, con plena suxección á letra da Lei, pode resultar unha hecatombe.

Habería que facer, simultaneamente, un reaxuste na sinalización vertical das nosas estradas, para acomodar determinadas limitacións de velocidade que poden resultar traumáticas se se aplican con todo rigor.

Desde agora non é que o carnet de conducir e a circulación xeral estea rexida por puntos. É que vai estar rexida por puntos a totalidade da nosa vida, tal é a nosa dependencia da estrada e dos vehículos.

De que haxa sentidiño na súa aplicación dependerá a nosa tranquilidade nos próximos días. Polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania