Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

jueves, 03 de septiembre de 2015
O tarambainas do Chimpafollas. Quedo en silencio tras escoitar o ruxerruxe da miña propia respiración. Ás veces respiramos con tanta forza que ata facemos ruído. E se che din que o vaivén dun amieiro se debe a que pasou voando un saltón, enténdese que teña que respirar con forza. A ver, quen non queda pampo ante tal acontecemento! Un saltón é pouco máis que un bicho pequeno, que case non move unha simple herba. Como vai entón abanear un amieiro! Máis seguro que fose unha esaxeración de Dominico, O Chimpafollas.

Sempre tivo fama de esaxerado. Eu, nun principio, respirei con forza porque semellaba que falaba en serio. Sempre lle tiven creto ó Chimpafollas. E iso que o meu pai moito me advertira: “non lle fagas moito caso a Dominico, que é un tarambainas”. Agora que víao tan modosiño, tan bo home, que crin o do saltón movendo o amieiro. Naquel mesmo momento vin como aterraba nun cardo molar un saltón dos máis grandes e a tal herba ou planta nin se moveu. Maldito Chimpafollas!, como ma meteu, pensei. Quedo en silencio e, agora, respiro compasadamente, polo que ningún ruído me altera o pensamento.

UNHA PALABRA TRAS OUTRA

Ninguén me di nada por que estou calado. Estou calado porque non falo. Non falo porque non teño nada que dicir. Dicir din aqueles que falan. Mais non sei que din. Hai xente que, aínda que fale moito, non se lle entende nada. O mesmo, o mesmo que o autor que escribe. Tamén é verdade que outros cunha palabra ou cunha curta frase xa expresan un mundo, xa se lles entende todo, tanto oralmente como na linguaxe escrita. A todo isto, que estou contando? Nada. Absolutamente nada. Tan só escribo palabras. Unha detrás doutra. E punto pelota. Deus, como odio esta expresión! A de punto pelota. E, non obstante, ultimamente estouna usando bastante a miúdo. Ou moi a miúdo. É igual. Teño que empezar a corrixirme. Vou ter que arrestala. Non procede soltar parvadas polo simple feito de soltalas. Xa; pero cando non hai inspiración ou cando non hai moitas ganas (ou ben por canseira ou ben polo que sexa), non queda outra que poñer unha palabra tras outra. E punto pelota. Procurarei que sexa a última vez. Xa, pero do dito ó feito...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania