Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non estamos sós

jueves, 03 de septiembre de 2015
Todos temos una vida persoal que nos absorbe unha boa parte do noso tempo e do noso proceso vital.
¿Certo?

Tamén é certo que todos temos unha vida social: unhas persoas ocupan postos fronte ó público, outras no seo do propio fogar, outras no campo, outras no mar, outras no aire, outras…

Pero dun xeito ou doutro, todos temos unha relación máis ou menos directa cos outros.
Na vida de cada día, cadaquén ocupa a súa parcela, ten a súa propia misión, pero hai certos momentos na vida nos que a presencia dos outros se fai máis visible:
-Nos acontecementos familiares.
-Nos acontecementos da vida civil.
-Nos acontecementos da vida relixiosa.
-Nos acontecementos de tipo cultural ou doutra índole.

Ninguén quere sentirse só.

Hai moitas persoas que viven soas, pero realmente nin están soas nin se senten soas.

Afortunadamente non estamos sós:
-A maioría das persoas están rodeadas da súa familia.
-As amistades forman parte esencial da nosa vida porque os amigos elíxense entre as persoas máis afíns e os parentes veñen dados pola xenética.

As amistades son como anxos que a Providencia pon no noso camiño para que sempre teñamos alguén en quen confiar.

As persoas próximas, están sempre presentes nos momentos cruciais da nosa vida:
-No nacemento para celebrar a nosa chegada a esta mundo como o mellor regalo que se nos dá.
-Nas celebracións de todo tipo: bautizos, comunións, cumpres, graduacións, vodas, festas de todo tipo e pasamentos.

Pero aínda hai máis:

Polo mundo encóntrase con persoas que están dispostas a facer a vida o máis agradable posible:
-Persoas serviciais á hora de facer un favor.
-Persoas serviciais á hora de sacarte dun apuro como cando hai un incendio, cando se produce una catástrofe natural ou en caso de accidentes.

En tódolos países desenrolados hai profesionais encargados particularmente do benestar da sociedade como é o caso:
-Da policía.
-Dos bombeiros.
-Do persoal de protección civil.
-Do persoal sanitario, dos servizos sociais e doutros moitos excelentes profesionais.

Pero aínda é máis salientable a axuda solidaria que prestan moitas persoas fóra de servizo ou mesmo persoas anónimas.

É unha auténtica gozada poder disfrutar da compañía dos outros amándose e respetándose; porque onde hai amor todo funciona ben independentemente das probas que nos poida poñer a vida.

Cando teño ocasión de visitar persoas moi sabias que alcanzaron una lonxevidade moi respetable, dáme moita satisfacción saber que non están soas, que se senten moi ben acompañadas e que teñen todo tipo de coidados dentro do humanamente posible.

É importante estar acompañados en tódolos momentos da nosa vida, incluido o pasamento.
Canto asisto a un enterro, decátome que son moitas as persoas que acompañan nese momento tan crucial da vida

Xeralmente, cando hai algún enfermo grave no noso entorno, todos nos sentimos apenados; pero non sempre é posible acompañalo ou axudalo nas súas necesidades, tanto como esa persoa precisara.

Non é nada doado estar ó pé dun enfermo e se é terminal, máis aínda.

Hai quen di que non ten “valor para eso”.
Certamente que valor fai falta, pero tamén fai falta algo moito máis importante: amor.

Unha persoa enferma é unha persoa necesitada do máis preciso: a saúde.
Cando eu me vin en situacións moi delicadas de saúde, tiven a gran sorte de sentirme moi ben acompañada e sei o que eso significa.

Tamén me imaxino como me sentiría en caso contrario.
Por eso digo:
“EN VIDA, IRMÁN, EN VIDA”

Pero na vida hai xente de tódalas razas, de tódalas cores, de tódalas relixións ou ateas, de tódalas latitudes e de tódalas maneras de ser.

“EN VIDA, IRMÁN, EN VIDA” será o título do vindeiro artigo.

Neste momento só me queda darlle as grazas polos momentos que ten feito compañía ós que están ó seu carón e a cantas persoas fan a vida agradable.

E –como non- dálas máis expresivas grazas a tódalas persoas que me acompañaron en momentos moi cruciais da miña vida e que seguen estando aí no día a día.

E moitas grazas a vostede que tivo a ben ler este artigo e a moitas outras persoas que sei que teñen a paciencia de lerme.

Grazas a Deus e a todas cantas persoas me len; eu vou sacando novos pensamentos do meu baúl particular.

Para ben ou para mal, seguro que de algo servirán porque de todo e do todos se aprende algo.

Todos somos mestres a alumnos, dependendo da ocasión.

Todos temos algo que ensinar e moito que aprender.

Eso me parece a min.

Non sei vostede o que pensa neste aspecto da vida; pero en calquera caso, eu doulle as grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES