Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (76)

miércoles, 02 de septiembre de 2015
As tratantas na Praza de Betanzos

Nesta vila, había tres días de mercado: martes, xoves e domingos, e dous días de feira ao mes, o primeiro e o dezaseis. Isto no século pasado. Os labregos poñíamos as mercadorías que nos sobraban (e, ás veces, as que non sobraban) a vender nas rúas principais. Habían unhas mulleres que se dedicaban a comprar. Despois, vendían. Elas miraban de ganar algo. Algunhas veces, ganaban máis que os que traballaban. Outras veces, perdían. Non se poñían ricas. Miraban de axudar á economía da casa. Facían os traballos e máis aportaban algo. Era xente espabilada.

Tamén viñan tratantas da Coruña, con carros de cabalos. Poñíanos nas beiras das rúas. Recordo velos enriba da feira do gando, onde está hoxe o cuartel da garda civil e Correos. Alí, o carro e o cabalo con cestas. Ían comprar á praza. Cando tiñan comprado unha porción de paxetas de froita, descargaban nas cestas que traían elas; pagábanas e aínda volvían comprar máis.Tamén viñan de Lugo. Estas levaban as mercadorías en coche. As de Ferrol, no tren. Esta era unha maneira de vivir de moita xente.

Antes, a froita era moi boa. Non había que sulfatala. Pois non había as pestes e a contaminación que hai hoxe. Agora, a froita ven doutras partes de España. Toda moi bonita. A froita de Galicia podrece no medio da herba, sendo de primeira calidade. Se os nosos antepasados viran o que se perde, non o crerían.

As tratantas eran unhas mulleres moi listas. Coñecían moi ben as cousas que compraban. Un saúdo para todas elas.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES