Que porcentaxe ten Sargadelos de Díaz Pardo?
Editorial - jueves, 29 de junio de 2006
O Grupo Sargadelos ven de desplazar a Isaac Díaz Pardo da Presidencia de Cerámicas de Sargadelos.
Se Sargadelos fose unha empresa normal, sería unha decisión normal. Pero Sargadelos é moito máis ca unha empresa, polo que non se trata dunha decisión normal.
Sargadelos naceu espiritualmente na emigración arxentina das mentes xeniais de Seoane e Díaz Pardo. Situárona precisamente en Sargadelos, porque alí a finais do XVIII Antonio Raimundo Ibáñez creou a primeira cerámica e fundición, a primeira estrada de pago, o paseo dos namorados
pero tamén porque por alí existe o mellor caolín do mundo (propiedade de alemáns, eso sí) para facer a mellor cerámica do País. E conseguiron facendo cerámica un producto que é moito máis ca unha cerámica; un producto galego que nos chega á alma, un producto con alma que leva Galicia polo mundo, con honra e prestixio; un dos productos máis simbólicos de Galicia.
Algúns adquirentes de accións de Sargadelos deberon pensar que mercaban parte desa alma, dese simbolismo. E só mercaban parte dos talleres onde se confeccionan as cerámicas de Sargadelos.
Diante da situación, podería pensarse que a pregunta que no título se formula debería plantearse: ¿Qué porcentaxe ten Díaz Pardo de Sargadelos?. Pois non. Porque vese que non chega ó 51 %, a pesar de que cando Sargadelos pasou por momentos difíciles salvouse porque Díaz Pardo se dedicou a vender os maxistrais cadros que pintaba.
Non. A pregunta está formulada como debe ser: ¿Qué porcentaxe ten Sargadelos de Díaz Pardo?. Pois seguro que máis porcentaxe que o que Díaz Pardo ten de Sargadelos.
Díaz Pardo é a alma de Sargadelos. Poñamos que un noventa e moitos por cento.
Prescindindo de Isaac, ¿A canto renuncian os accionistas de Sargadelos?. Se pensaron adquirir a empresa tal cal é, non se entende que tiren pola borda o mellor dos seus activos.
Posiblemente nin se plantearon a nosa pregunta. E agora xa é tarde.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora