Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 01 de septiembre de 2015
Despois pasa o que pasa. Coxea a pomba. Quenta de raio. Un neno xoga na beirarrúa. Outro, nunha cadeira, ten o chupete na boca. Seguro que lle sabe a gloria. As dúas nais sentan na mesa contigua á miña. Estamos baixo a sombra dunhas antucas, pero a calor acumulada é moita; polo menos, polo menos uns corenta e pico graos, algo así coma se ardera o mundo.

Arder arden os montes. Por culpa dos pirómanos, da Xunta e do Goberno. Algúns pensarán que esaxero, pero eu digo que non. Os nenos están a merendar. Outra pomba arredor de min. Acabo de botarlle as faragullas de biscoito que me puxeran co café. Gloria pura! Para ela, que está petiscando toda garbosa. A xente pasa toda acalorada. Dixen que quenta de raio? Pois iso.

Noutra mesa, tres mozocos bebendo cervexa. Un deles coa mochila tirada no chan. Limpeille mellor o prato do biscoito á pomba. Petiscou, ergueu a cabeza e ben notei que me daba as grazas cos ollos. Os rapaces marchan. Outro deles leva unha bolsa onde chocan botellas. Adiviña, adiviñanza… botellón “á panza”. Pena. Demasiado novos. Despois, pasa o que pasa.

CAMIÑO DE NON VALER

Non teño ganas de nada. Nin tan sequera de escribir. Pero escribo. Porque teño que facelo. Poño os anteollos e miro para a xente. Quito os anteollos e escribo esa última frase. Agora volvo poñelos para outear o panorama. Vaia traballo! Estes ollos!... que se cansan, coa idade. Todo vai a menos. É certo, imos camiño de non valer un carallo. Ó que máis medo lle teño é, precisamente, á vista. Por se non consigo ler. Por se non consigo escribir. O de escribir..., non sei, pero pode facelo alguén por ti. O de ler..., non sei, nunca me chistou moito que me leran. A atención íaseme por outros camiños. Necesito ver esas letras, percorrer esas liñas, asaltar os parágrafos. Non teño ganas de nada. Nin de escribir. Pero xa levo medio relato. A ver!, os compromisos obrigan.

Poño e quito, poño e quito. Malditos anteollos! Maldita vista! Maldita idade! Xente que pasa. Follas que se moven impulsadas polo vento. Ruído de coches. Nenos que corren. Sigo o ritmo da música coas pernas. Bendita música! Síntome áxil! En todo; fisicamente e mentalmente. Tan só a maldita vista me fai pensar na idade. Síntome áxil xogando cos cativos. Síntome áxil cavando, sulfatando, andando, incluso correndo. Tan só a vista vai a menos. Tan só a vista cabalga cara á desesperación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania