Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A autonomía dos viños galegos

martes, 27 de junio de 2006
Vivimos tempos especiales en canto se refire á potenciación da autonomía galega.
A presencia do Bloque Nacionalista Galego no goberno de Galicia ofrece para o país unha ocasión indubitable de potenciación das esencias, do autogoberno, e – dependendo do seu aggiornamento – da autoafirmación da diferencia. A ninguén se lle ocorre ultimamente falar de independentismo.

O tema maniféstase nas escolas galegas (Galescolas) que se anuncian, nas mensaxes subliminais da televisión galega, na reforma do Estatuto… Todo apunta que o B.N.G. aprendeu a lección de gobernar en conxunto, e que nesta ocasión vai marcar estilo, deixar pegada, do seu paso pola Xunta de Galicia.

E se esto se nota nas grandes cuestións, nas que os políticos estiman grandes cuestións, tamén as pequenas cousas, as cousas nosas de cada día, van tinguirse dun berniz especial, de xeito que aínda que todos poidamos coñecelas notemos a diferencia.

Agora tocoulle o turno ós viños. Que non estarán dentro da denominación “Vinos de la tierra de los viñedos de España”. A Mesa dos Viños de Galicia, presidida por Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Agricultura da Xunta de Galicia, acordou permanecer fora deste proxecto do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, por considerar que non só non beneficia, senón que perxudica ós viños do País.

Entende a Mesa que a escala de España non se vixía a idoneidade dos viños do mesmo xeito e rigor con que en Galicia se fai, protexidos os nosos caldos polas denominacións de orixe.

Permanecendo fóra, Galicia mantén a pureza, a calidade, a procedencia dos viños que en Galicia son auténtico ouro, mouro ou branco, de curso legal en todo o mundo.

Mantemos, pois, a autonomía dos viños galegos. Case a independencia. ¿Qué esto non ten que ver co B.N.G.? ¿Qué esto non ten que ver coa política?.

A saber. Noutros tempos, e aínda agora se fose da mesma corda, o goberno amigo houbera presionado para conseguir a unidade, tamén dos viños. Neste caso, temos cousas que defender, criterios propios, e a diferencia xoga ó noso favor
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania