Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Música na colexiata

miércoles, 26 de agosto de 2015
Leváronme os pasos da fin de semana, por mandado de Bieito Ledo, primeiro á aldea de Padroso e logo a Xunqueira de Ambía.

Mesa, mantel e conversa entre unha ducia de amigos sen outra pexa cá dos afectos e sen outra presa cá de non comer os ovos fríos, constitúe unha regalía cada vez máis valorada e que, polo tanto, venceu ó meu catarro de estío para conducirme un agosto máis ata aquela solaina da Limia dende onde se ve pousar o sol alá ó lonxe, en Sandiás, por tras da súa pena vixía.

Unha vez escribín que dez era o número ideal dunha mesa para celebrar unha tertulia e daquela o lembrado Marcos Valcárcel tomoume a palabra para acabarmos organizando unha tertulia vespertina nesa casa común dos ourensáns que é o Liceo e que durou o que tiña que durar, nin máis nin menos, porque tampouco tiña máis pretensión cá que as nosas ocupacións nos permitiron. Agora digo que o número de doce tampouco está mal para non perder o fío, porque como escribín denantes ese era o número exacto dos comensais que nos xuntamos esoutro día.

Dos asuntos que saíron á palestra non vou facer referencia porque coma en toda boa tertulia deben quedaren disoltos entre as sobras da comida e así será tamén desta volta. O cal non quere dicir que non foran interesantes, de máxima actualidade e mesmo que ó abordalos non foramos quen de arranxarmos o mundo. Se non fose así, non sería unha tertulia.

Do que si farei referencia, sen embargo, é da outra regalía que me ofreceu a xornada cando o asado non deu para máis e as palabras foron esmorecendo a medida que se repetían as despedidas.

Non formaba parte das miñas previsións, pero a recomendación que nos fixo o alcalde de Xunqueira sobre o concerto que ofrecían na Colexiata os alumnos dun curso musical de verán, xunto cos ourensáns da Capela Madrigalista, reclamaron a miña atención e alá fun para completar a xornada.

Non sabe, benquerido lector, o pracer que me deu ver a colexiata ateigada de xente e testemuñar, logo, o respectuoso silencio co que os fieis asistentes seguimos as case dúas horas que durou un concerto coordinado polo director do curso e da Capela catedralicia ourensán, o ponteareán Julio Domínguez.

Non é novidade para min a actividade musical que ó longo do mes de agosto acolle a colexiata arredor do único órgano histórico orixinal que se conserva na provincia. Como tampouco me son descoñecidas outras iniciativas semellantes que teñen lugar de forma illada noutros espazos monumentais privilexiados de Ourense. Por iso, mentres as voces e os acordes nos ían acariñando, eu non deixei de pensar en por qué aínda non se deron as condicións para consolidar un ciclo musical provincial que percorra polo menos media ducia de mosteiros da provincia.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES