Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encomendarlle ó Santísimo o problema de Eta

martes, 27 de junio de 2006
Hai cerimonias introducidas no noso rituario, que forman parte da nosa esencia. Entrelas, a Ofrenda anual a Santiago na súa Catedral, e a ofrenda ó Santísimo na Catedral de Lugo cada infraoctava do Corpus.

Pouco importa que agora o xoves de Corpus se celebre o seguinte domingo, e que a Infraoctava do Corpus sexa Supraoctava, xa que se celebra sete días despois do domingo de despois de Corpus, porque en Lugo, desde hai trescentos trinta e seis anos, xúntanse na Catedral os representantes das sete capitais do antigo Reino de Galicia para que un deles presente ofrenda a Xesús Sacramentado, permanentemente exposto no altar maior da basílica lucense.

Nesta ocasión tocoulle o turno á cidade de Lugo, facendo a ofrenda o Alcalde da cidade, Xosé Clemente López Orozco, que – como din as nosas xentes- sabe latín.

Na Ofrenda ó Santísimo, Orozco pediulle que a actual situación de tregua da Eta se convertise en abandono definitivo das armas. A fin de contas, non é máis que a versión actual de “A Deus rogando e co mazo dando”, pero chama a atención que para un asunto tan definitivamente humano (porque o espíritu ten pouco que ver na política terrorista dun grupo coma o basco) se pida por un político do Psoe a intercesión divina. Chama a atención, pero danos unha perfecta razón de por que o alcalde lucense é un dos políticos mellor valorados de Galicia.

Mentras tanto, o bispo de Lugo, na resposta ó Alcalde, mencionou o “laicismo destructivo” desta nosa moderna sociedade, do que seguro ten a diario mostras e do que as palabras de Orozco poden non ser máis ca unha excepción.

Parece ser que esta semana o Presidente Zapatero vai propoñer ó Congreso dos Deputados que autorice o diálogo coa banda terrorista na percura da tan desexada por todos paz no País Basco e polo tanto en España.

¿Botará unha man Rouco na Almudena?... Non estaría de máis. Porque a tarefa parece tan difícil que está moi ben feita a recomendación que ó Santísimo lle pediu Orozco na Catedral de Lugo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania