Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ONU nun mundo de tolos

viernes, 04 de septiembre de 2015
Ao tempo que tolos, fanáticos, delincuentes e matóns medran, a ONU esmorece, cala, faise invisible. Nacida dos cascallos da II Guerra Mundial como goberno global para cooperar na paz e o dereito internacional, e tamén no desenvolvemento dos pobos e nos dereitos humanos, semella hoxe innecesaria. Foi substituida polo clube dos países poderosos do mundo como o G-8 ou o G-20, tan celosos dos seus intereses particulares como alleos aos da gran familia humana. Ou polo poder nas sombras das multinacionais a quen interesa pobos rotos, gobernos febles, dirixentes corruptos para o infinito negocio do petróleo, materias primas, auga, terras raras e alimentos como colleita de especuladores.

Polas pantallas entran nas casas noticias dun mundo roto. Grupos de delincuentes fanatizados como Boko Haram, poñen de xeonllos a xigantes como Nixeria, e nin toda a Unión Africana é quen de frear os secuestros de miles de nenas que acaban como escravas sexuais no medio de sociedades aterrorizadas e indefensas. E a ONU, silenciada, cala.

Da primavera árabe, a que se levantou contra a desigualdade e a falta de libertades, apenas quedan rescaldos, pero si infinitos conflitos que alimentan a cobiza de canallas e señores da guerra. En Libia, o dictador Gadafi foi substituido por delincuentes armados que se reparten un estado fallido e lanzan contra Europa unha presión migratoria que estremece os cimentos dos países ricos. Mentres se calcula o prezo do gas e se negocia o do petróleo libio que de nada serve á poboación pero mantén contra a xente a maquinaria bélica. E a ONU cala.

De Siria, de Irak chegan noticias de masacres de infinita crueldade, destruccións, vidas invivibles que están a desplazar a millóns de seres humanos co petróleo outra vez como telón de fondo nun puzzle de señores da guerra, ditadores, califatos delirantes, delincuentes fanatizados que aproveitan para destruir a herdanza cultural da Humanidade, xusto esas cousas polas que naceu a ONU, onde os estados sentan xuntos e dialogan. Pero hai zonas do mundo nas mans de matóns e fanáticos que alimentan o conflito, que viven moi ben nestes estados fallidos, en sociedades sen lei. E na ONU calan.

A sempre penúltima páxina desta historia interminable da infamia, e dunha ONU camiño de nada, está a crise dos refuxiados rohinya no sureste asiático. A traxedia humana no mar de Andamán, onde as barcazas transfórmanse en foxas comúns, con miles de refuxiados expulsados de dous dos países máis pobres da terra, Bangla Desh e Birmania. Máis de 60.000 seres humanos son donos únicamente da súa sombra e 6.000 deles vagan entre Indonesia, Malaisia e Thailandia. A minoría de musulmá ohinya escapan da persecución relixiosa e da miseria. A terra é un mundo de tolos pero no Foro de Davos seguen a contar dólares, euros, yens… xamais seres humanos.

A ONU, cala xusto cando máis necesario é que fale. Por iso é tan necesario refundar a organización que empeza a súa Carta Fundacional coas fermosas palabras: ‘Nós, os pobos todos das nacións unidas…’.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES