Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O monte Medo e a memoria gangrenada

jueves, 27 de agosto de 2015
Heroe no monte Medo. Cans pola rúa. Nenos xogando. Unha nube cubre o sol. O autobús deixa exactamente a tres pasaxeiros. O aire ergue a esquina de La Región, que está dobrada sobre a mesa. Doulle a volta e cámbioa de posición. Neniño, quen teme ó lobo feroz? Sorrío porque penso nos meus cativos, pois cada vez que falamos do lobo sóltolle aquela historia de... “unha vez nun outeiro de Sudalomba pelexei co lobo”. Coñecen pouco de Baños de Molgas, pero prometo que o outeiro coñéceno ben. Ó ir ou ó vir dos Milagres nas Novenas, xa uns cantos metros antes son eles os que, agora, soltan aquilo de... “si, aquí foi onde pelexaches co lobo”. E todos rimos a cachón.

A letra con sangue entra, dicían antigamente. A miña pelexa co lobo saíu da miña boca tantas veces que cheguei a aburrilos. Sinceramente, non pelexei co lobo pensando na morte da ovella; fíxeno por medo á nai... calquera lle chegaba á casa sen a ovella! Seguro que me zurraba, que me atizaba e me acusaba de descoidado. Sorrío outra vez porque esta historia xa foi contada e, imaxino, seguirase contando. A ver!, aínda que fose cagadiño de medo, por unha vez fun heroe no monte Medo.

TEMOS A MEMORIA GANGRENADA

Tan só temos memoria para o presente. Nunca nos acordamos do pasado. Memoria para o que nos interesa. Só buscamos os recordos bos. As falcatruadas pechámolas nese recanto no que a memoria adoita durmir unha sesta continua. París e Londres acordan novas medidas en contra da inmigración ilegal. Non se acordan da ilegalidade deles de cando invadiron e masacraron practicamente todo o continente africano. España non lembra a desfeita que fixo na conquista de América, pero si ten moi presente a eses “manteiros” chilenos e peruanos. Temos a memoria gangrenada. En todo. Se a analizamos incluso politicamente, vemos que esas promesas dos inútiles mitins, os cen días prometidos xa son auga de bacallau, xa o coitelo do esquecemento e do deixamento entra na memoria para que, pouco a pouco, a gangrena se apodere xa de todas as neuronas. Teñen neuronas os políticos? Vivimos nun ruxerruxe de promesas mentireiras, de mentiras ben estudadas. É igual, para que pensar no pasado! Deixemos que se gangrene todo. Total, os inmigrantes son todos uns apestados.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES