Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Futuro tamén para os pobres

sábado, 24 de junio de 2006
No día da Ofrenda de Galiza a Xesús Sacramentado, dedicado a adorar ao Santísimo e  a revisar o noso compromiso cristián, invítoos a celebralo non só como cumprimento ritual dunha fermosa tradición senón coa responsabilidade e profundidade que nos legaron os nosos antepasados. Con respecto e dignidade! En verdade e coherencia!

As autoridades eclesiásticas e civís de Galiza, como desde hai 337 anos, están presentes nos actos tanto na catedral como nas rúas da Cidade do Sacramento. Os alcaldes das sete capitais do Antigo Reino representan á Galiza actual. Con eles, centos de fieis e devotos. Tamén anunciaron asistencia os presidentes da Xunta e do Parlamento.
Futuro tamén para os pobres
O pasado domingo, Día da Caridade, co lema “ninguén sen futuro” falamos, con datos e cifras, sobre os estragos que a pobreza e a fame están a provocar no mundo. Sacamos á luz a realidade da cidade e provincia de Lugo. Detalles: 20.730 persoas e 4.800 familias ao límite da pobreza (extrema, grave, moderada ou en precariedade social).

Hoxe insistimos na necesidade e urxencia que temos todos os galegos e galegas de nos implicar na busca de proxectos e programas para dar solucións ao primeiro e meirande problema da Terra: O desequilibrio do desenvolvemento e riqueza da Zona interior, a  pobre (Ourense/Lugo) e a rica atlántica (A Coruña/Pontevedra). Non se loita con seriedade pola equidade, a xustiza, a paz e o pan para todos. Moitos irmáns nosos teñen que volver a emigrar e buscar fóra o pan que se lles nega na súa propia Terra/Casa.  

Datos de marzo. Fontes Goberno: “Preto de 600.000 galegos ao límite da pobreza”.Isto supón que “un de cada cinco galegos está no risco da pobreza”. (O 21,2%). Risco de pobreza quere dicir “ingresos por debaixo do 60% da media”, menos de 6.278 euros ao ano. “Hai familias, de cinco membros, con 360 euros ao mes” (Amelia Pereira, Cáritas, Santiago). Vellos, marxinación, inmigrantes, mundo rural...”Non podemos disimular nin agochar a realidade” (Ismael Rego). “As bolsas da pobreza, nun país coma o noso, están aumentando debido a unha política económica e social que agranda as desigualdades” (F.Rodríguez). O 25% dos galegos/as son pensionistas. As pensións preto dun 25% menos ca no resto. Os soldos, sobre todo das mulleres, inferiores. No rural, a desfeita!

Facemos unha forte chamada aos galegos e galegas. É responsabilidade de todos/as. Cristiáns e non cristiáns. Non hai “comuñón con Deus se non hai comuñón cos pobres”. Van inseparables. Pero deben ir por diante e en primeira liña, (xa que é a súa obriga e responsabilidade), os nosos gobernantes e dirixentes políticos, educativos, sociais, culturais e eclesiásticos. Moitos deles presentes hoxe en Lugo.

Día axeitado para comezar a artellar un futuro mellor tamén para aos nosos pobres, empobrecidos, marxinados e ese xa gran número de novos emigrantes que xa están fóra.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES