Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 26 de agosto de 2015
A incongruencia da mente humana.
En primeiro lugar, un funcionario ten fama por ter un posto de traballo seguro. En segundo lugar, un funcionario ten fama porque seica vive coma Deus. Iso din. É certo que algúns rañan a barriga, pero tamén é verdade que outros non conseguen nin respirar. Ai si, e todos ganan unha miseria. No da miseria non entran os altos cargos. Pero cando alguén fala dos funcionarios, cando alguén os despreza e cando alguén os insulta, a que funcionarios se refire? Verdade que todos tedes in mente ó funcionario de baixa escala, ó que atende ó público? Pois sigo dicindo que o que atende ó público non gana nin para churros.

Aínda así é certo o que di a directora da plataforma Spain Startuf, que “antes, os pais querían fillos funcionarios; agora que sexan emprendedores”. Estou por apostar que quixo dicir políticos, que se meteran políticos. Ganan ben máis que un funcionario e traballan ben menos. A estes votámolos e ós outros insultámolos. Aí está a gran incongruencia da mente humana. Hoxe, ser político, é a mellor profesión. De aí as loitas que hai polo poder, porque sabemos que o poder trae consigo... Pois iso, puntos suspensivos.

Hai que apertar o sedeño
O silencio que reina entre as catro paredes dunha convivencia racha en reproches que semella que non teñen fin. Quizais estamos ante unha burbulla que, á forza, ten que rebentar. Porque hai palabras que doen e hai miradas que o din todo. Ninguén se salva dunha refrega cando a soga empeza a podrecer. Cóspense palabras que nin tan sequera imaxinamos que existen e botamos lume polos ollos porque a rabia avanza máis cá mente... e non sabemos que dicir.

Sentas na beira da cama ou na cadeira da cociña e pensas nun tempo en que as relacións ían vento en popa, e pregúntaste unha e mil veces por que se torce a carga do carro. Quizais porque non se apertou ben o sedeño. Quizais porque o camiño é demasiado ladeado. Sempre houbo camiños cheos de fochancas e con atrancos de penedos. Para salvar eses obstáculos, todo consiste en aplanalo. Levaría tempo, mais pouco a pouco, a maioría das veces conséguese. Xa se sabe que tras a tempestade chega a calma e que o río sempre volve ó seu leito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES