Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 19 de agosto de 2015
Nada de buscarlle tres pés ao gato. Case sempre vexo pasar coches. Cando miro para a estrada e pasan. Hai veces que miro pero non pasa ningún. Entón, se quero velos pasar, teño que esperar a que pasen. Pura lóxica, non si? Así debería ser todo, é dicir, con lóxica, con sinxeleza e nada de buscarlle tres pes ó gato. Case sempre damos moitas voltas para nada.

Os que máis, os políticos. Cando se produce un incendio empezan que tumba e que taramba, que arre e que xo; con sinxelo que é dicir: prevención. Pero claro, iso que é? Ó non saber o que é, arrodean e arrodean ata atopar o camiño máis recto. Nunca o atopan, claro, porque en cada curva do que están percorrendo engarran con lerias podres, con truques e retruques de enchufismo e dilapidación. Cando falan da baixada do paro, buscan aquelas etapas nas que, por unhas ou outras causas, asoma algo de traballo. Co sinxelo que é ir ó miolo da cuestión. No caso de buscar o camiño recto é atallando, e punto. Se non hai camiño recto faise un dereito e xa está. No caso do paro… polos a traballar buscando as caixas B. Aquí si hai traballo ben remunerado.

Fuxir como o demo á auga bendita
As pingas de licor nadaban sobre a barra de mármore do bar. Glauco Buxán Mar, O Saleroso, sentou no tallo e pediu un café con leite. Xusto cando botaba os brazos coa intención de apoialas sobre o frío mármore, viu as pingas. A reacción do Saleroso deixou ós clientes coa boca aberta: fuxiu como o demo á auga bendita. Non liscou do bar, pero si marchou para a punta máis afastada do mostrador. Co seu ímpeto mandou o tallo ó chan e deu a imaxe dun louco con arroutadas. Acomodado na nova situación, examinou a fondo a barra. Non quería outro contratempo desagradable. Non quería fuxir de novo como o demo á auga bendita. Glauco Buxán, O Saleroso, non soportaba o alcohol ciscado. Perdón, o que non soportaba era o cheiro a alcohol. Certo, que é o que máis cheira nun bar? Pero como di el, hai cheiros e cheiros; e canto máis cerca, máis forte é o cheiro. Non tolera o alcohol. Tan só ó lonxe o asimila e o acepta. De aí que fuxa del como o demo da auga bendita. Tan axiña como lle explicou á camareira o motivo da fuxida, esta, medio avergonzada (pensaba que era unha indirecta), marchou lixeira a limpar aquel recanto do mostrador. O Saleroso xa tomou o café a gusto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES