Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enroque en Caixanova

jueves, 22 de junio de 2006
Para os clientes dos bancos, o asunto está claro: Goberna o que ten máis accións, ou que consegue maior número de accionistas que lle presten a súa confianza. Resultan unhas eleccións complexas, tanto como as que en política lles chaman de segundo nivel -Deputacións, por exemplo- tan denostadas na actualidade.

No das Caixas é aínda máis misterioso. A filosofía destas entidades quere que sexan os propios “impositores” os que teñan en definitiva nas súas mans o goberno destas entidades chamadas a ser benéficas por principio.

Moi seguros deben estar os impositores das súas decisións, e satisfeitos da marcha das súas entidades, cando en Caixa Rural Galega teñen o mesmo Director Xeral desde hai máis de trinta anos e o mesmo Presidente desde hai vinte.

Tamén en Caixa Galicia levan máis de vinte anos co mesmo Director Xeral, e ben que lles vai segundo parece.

En Caixanova, ten tamén acreditada antigüidade e firme traxectoria Julio Fernández, como Director Xeral (40 anos), que patroneou a fusión de Caixa Vigo con Caixa Ourense, e gobernou os primeiros tempos da nova entidade.

Julio Fernández Gayoso cumprirá 75 anos en decembro, e entón debería despedirse por xubilación. Pero os impositores decidiron que siga agora como Presidente, que neste posto non hai limitación temporal.

O sucesor será un membro do seu equipo, José Luis Pego, que xa viña sendo preparado para este cargo, e conta coa “bendición” dos círculos económicos, políticos e sociais, que aínda que non son “impositores” tamén inflúen o seu. Boa manobra esta, que sona a xogada de xadrez.

O enroque, no xadrez, é unha xogada de protección do Rei para evitar que sexa directamente atacado, por se-la peza máis valiosa. Tamén este enroque se fai para protexer unha peza de valor.

Enrocarse no xadrez é unha xogada conservadora. Neste caso, é unha solución de continuidade dun equipo que se sucede a sí mesmo, que funciona ben, que denota o “sui generis” do funcionamento nestas institucións, nas que máis que pola forza do voto, o poder se transmite por ósmose.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES