Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago Álvarez, un galego universal bo e xeneroso

miércoles, 08 de mayo de 2002
Fai uns días recibín a nova do pasamento de Santiago Álvarez en Madrid. Nestes intres o meu sentimento é de mágoa e tristura ante a perda dun gran home, un galego universal e concirne a cantos amamos os dereitos humanos. Coido que Santiago Ávarez atópase entre os pouquiños e escolleitos que dou Galicia no século XX, outro é Castelao.
Dende que o coñecín nos anos 70, sempre sentín unha moi grande simpatía e admiración. Simpatía a súa persoa e cara ao personaxe, o mesmo que algúns revolucionarios do seu tempo, pero tamén un gran respecto polo loitador integro.
A imaxe e lembranza que conservo de Santiago Álvarez as teño moi marcadas, xa que podo dicir que interveu moi decisivamente na miña vida en momentos moi importantes que determinaron que os meus valores éticos e morais colleran moito máis forza.
No ano 1979, nas primeiras eleccións municipais, tiven a gran sorte de acompañalo por todo Galicia percorrendo as vilas máis importantes. Durante o tempo que durou a campaña (preto de vinte días), coido que foi a parte da miña que vida que máis me marcou positivamente. Íamos sos no coche por esas estradas e camiños da nosa Galicia, foi neses intres cando tiven a gran sorte de escoitar parte da súa historia xa que eu lle preguntaba sobre a Guerra Civil. Foi unha lección didáctica que non se aprende nas escolas nin na Universidade, aprendín de Santiago Álvarez neses vinte días máis que nos vinte anos pasados. Faloume dos anos vividos de cando chegou a Madrid nos anos trinta, dos momentos tráxicos, terribles e heroicos vividos por el, do exilio da súa estancia en México, Cuba, Arxentina, da volta a España clandestinamente, estancia na cadea en 1945 onde lle pedían a pena de morte, mobilización e solidariedade internacional para conmutarlle a pena, e unha morea de cousas moi interesantes e históricas daquela época.
Unha das anécdotas que máis gardo con moito agarimo, foi cando ao final da campaña de eleccións municipais de 1979, tiña que da-lo mitin en Vilagarcia, un día antes en Vigo lle comentei si podía vir ao meu pobo (Vilaxoán) a dar un mitin, non tivo enconveinte en vir. Lembro aquel día como se fora hoxe, o mitin foi na Lonxa e non se collía de tanta xente que acudiu, foi algo moi especial para a historia de Vilaxoán.
Santiago Álvarez Gómez, foi para min unha persoa admirable, unha persoa chea de sacrificios heroicos, pola súa acción política, pola súa intelectualidade, toda unha bagaxe para un guión de cine.
Nestes tempos actuais que estamos a vivir de globalizacións e falla de valores e fascismos en alza. Santiago Álvarez é un exemplo de autenticidade, coherencia, ética que endexamais perderá vixencia.
Ata sempre Santiago, onde agora te atopes estarás entre “os bos e xenerosos”.

Vilaxoán, 1 de maio 2002
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES