Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Papa Francisco bendice a Darío Rivas

jueves, 13 de agosto de 2015
O Papa Francisco bendice a Daro Rivas Non hai moitos días, Darío Rivas Cando, recibe na Arxentina a bendición papal do seu amigo o Papa Francisco pola súa teima en restablecer os Dereitos Humáns en España polos crimes do Franquismo.

Darío Rivas Cando é fillo de Severino Rivas, alcalde de Castro de Rei na República, asesinado por los franquistas o 29 de outubro de 1936 en Portomarín onde despois de moitos traballos exhumaron os poucos restos, mais suficientes para a súa identificación, e levounos para a mesma sepultura da súa dona, a mai de Darío. Isto para el foi un milagre. Púxolle unha placa de mármol, un tanto escandalosa, porque a xente aínda ten medo: “SEVERINO RIVAS REGRESA A SU CASA DESPUÉS DE HABER SIDO ASESINADO POR LOS FALANGISTAS el 29 de octubre de 1936”. As autoridades repararon, se se pode chamar á reparación dun crime, con homenaxe de adicación dunha rúa ao seu pai en Castro Rei. Toda a súa vida é coñecida por un libro, Autobiografía de Darío Rivas Cando, en galego e castelán, xa esgotado, que lle escribiu o noso amigo Xosé Manuel Carballo.

A Querela Argentina

Mais o empeño de Darío Rivas é reparar non só a seu pai senon os crimes do franquismo. Por iso é xa coñecido internacionalmente, pois foi o que iniciou a QUERELA ARGENTINA contra os crimes de Franco, basándose en que estos crimes non poden ser amnistiados porque son crimes de lesa humanidad, que non prescriben nen poden ser amnistiados, que se a transición española quixo deixalo todo rematado coa ley da amnistía, que, como di Darío, “foi amnistiar aos asesinos franquistas, mais non ás súas vítimas que xa estaban nas fosas”.

O que ninguén puido facer en España, pois o leitor ben sabe o pao que levou o ex-xuiz Garzón, que se astreveu a xulgar os crimes de Franco, puido facelo Darío Rivas, e xa van máis de mil querelantes coa documentación precisa, que leva co toda a firmeza e legalidade, basada na Lei Universal, que por outra parte o Estado Español ten firmada, a xuiza, María Servini de Cubría, para entablar xuizo en Aregentina. De todo isto é o primeiro querelante, como queda dito.

Illa de San Simón

O 19 de xullo, Iniciativa Galega Pola Memoria Histócia, como ven sendo xa costume, uniu a máis de 400 persoas no homenaxe nacional ás vítimas da represión no campo de concentración de triste memoria da Illa de San Simón, da que o actual goberno galego non fai unha cesión permanente a esta organización como centro da Memoria Histórica. Este ano inspirado na lembranza das persoas exiliadas por causa da tal represión.

Esta foi a razón da presencia testemuñal de Darío Rivas que con 94 anos ven liderando a querela Arxentina contra o xenocidio iniciado en 1936. Con voz forte e debullando paso a paso a súa vida dende os 9 anos coa compaña de seu pai, Severino, até o peirao d`A Coruña onde embarcou soiño até o peirao de Bos Aires; alí esperabao súa irmá maior. Alá tivo que poñerse ao tanto do asasinato de seu pai, do que sempre atopou silencio, incluso na súa propia familia.

Analizou no seu discurso a ditadura e a transición cunha clarividencia non moi usual para a súa idade e o seu estatus de emigrante. Datos moi precisos tocante á política criminal e represiva de Franco; o silencio, o olvido e o medo que aniñou e segue como herdanza natural en tanta xente.

“El Gobierno es franquista, las leyes son de Franco, las imposiciones y los intereses creados son franquistas”. “No tienen vergüenza de que yo, un ciudadano español, tenga que contar con un país a donde emigré para defender mis derechos de un ser humano”.

Tivo palabras duras contra a Iglesia Católica que colaborou na política represiva de Franco. Emporiso non faltou a experiencia da acollida en Castro de Rei, polo párroco seu amigo e o bispo de Mondoñedo, Manuel Monge, que lle entregou dous cadros cos mapas de Arxentina e España.

Mais a nova que nos deu, así coma quen no quere a cousa, foi cando fala do milagre do achádego dos restos de seu pai, cando di: “pues yo creo algo en los milagros, porque no puedo faltar a mi amigo, el papa Francisco, el cual me felicitó, por lo que yo había y estaba haciendo con respecto a los Derechos Humanos. Me mandó la Bendición Papal respecto a eso. (Esta bendición corresponde a tiempos recientes, como primer querellante en la Acción Judicial en la llamada Querella Argentina).

Ao rematar a celebración subimos de volta á lancha que nos trasladou de novo ao peirao de San Andrés de Cobres, co ánimo pacífico aínda que non libre de certa pena de tantos anos que xa de vellos temos que seguir reivindicando. Mais a presenza de unha grande representación de xuventude nos dá esperanza para conseguir na pescuda da dignidade dun pobo que aínda perdura en tales inxustizas.

A bendición do Papa Francisco, unha esperanza

Ningún papa condenou o fraquismo, mais o Papa Francisco I é o primeiro en bendecir (dicir ben) a un que denuncia os crimes do franquismo. Un bo sinal para que este recado faga cambiar ao noso bispado. ¿Será posible que esta Iglesia xerárquica -esta é a miña teima- supere a etapa do cardeal Rouco?. Lembro de novo ao episcopado vasco pedindo perdón no 2009. Esperanzados, pois, por esta bendición papal, non só pola súa procedencia senon pola solidariedade coa causa dos Dereitos Humáns da Memoria Histórica.

(Na fotografía, de esquerda a dereita: Anxo Ferreiro, Darío Rivas e Mero-Baldomero Iglesias Dobarrio).
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES