Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Romaría Labrega da Chaira?

jueves, 13 de agosto de 2015
Levo varios anos asistindo á Romaría Labrega da Chaira nos Vilares, en Guitiriz. Este mesmo ano leva cumprido 25 edicións, o que non é pouco e polo tanto tremendamente meritorio nos tempos que corren.

A Romaría ten acadado un éxito importante desde a súa creación aló por 1990, no mesmo ano do pasamento do poeta vilarego Xosé María Díaz Castro e por ela pasaron numerosos grupos do noso folclore, importantes pregoeiro e sobre todo, recrearonse numerosas tarefas e xogos do rural chairego que fixeron as delicias dos asistentes ao longo dos anos como así reflexa a memória gráfica e o boca a boca dos veciños.

Eu, asistente tardío, xa non vivín ese esplendor nos últimos anos, e aínda así, son testemuña directa dunha paulatina decadencia desta festa etnográfica e cultural.

Xa non vivín a recreación das mallas, as familias que asistían ao xantar campestre foron diminuíndo e os xogos tradicionais foron deixando paso a colchonetas, inchables e mesmo xogos de espuma para os máis cativos.

Non hai exposicións de oficios tradicionais, teñen traído exhibicións de cans de pastoreo de ovellas e patos de Navarra, de pouca tradición na Chaira, exhibicións de todo terreos 4x4 no monte e mesmo as segadoras deixaron de ruxir por falta de participantes.

Non hai gaiteiros e a música tradicional foi suplantarda por dúos máis apropiado para ceas baile de restaurante.

Quedan só concursos de cans, de Sega de gadaña e poucas máis actividades que teñan que ver coa tradición Labrega e chairega, Romaría Labrega da Chaira?mesmo teñen desaparecido concursos sinxelos como os de tirar da corda, carreiras de sabor ou os que se viron algún ano de apurar rolos de herba.

A asistencia non a motiva a Romaría en si senón actividades moi concretas como as carreiras a pé de atletas que rematada a proba marchan de contado e o mesmo ocorre coas competicións de cabalos ou as dos 4x4 no monte.

A Romaría vai polo tanto deixando cada ano de ser Romaría, deixando de ser Labrega e deixando de ser Chairega no sentido tradicional da Terra Chá mentras vemos como noutros lugares gañan arraigo as celebracións máis vinculadas á terra, ao rural, á tradición e á cultura propias...

Este ano a Asociación de Veciños ten solicitado a declaración de festa de interese turístico mentras ese posible interese decae polo abandono das orixes desta festa popular máis pendente de acadar público circunstancial organizando espectáculos de dubidoso encaixe na filosofía dunha celebración de carácter tradicional bebedora da desaparecida Feira do Sete e da historia e culturas chairegas.

Hoxe, o que en boa lóxica debera contar con exhibicións de oficios labregos, xogos populares para nenos e maiores, concursos do campo e mesmo promover a participación activa de tódolos veciños orgullosos da súa parroquia, tense convertido nunha carreira atlética federada, de hípica, de vehículos que destrezas o monte e de música de bacharelato ou hinchabeis que os máis cativos poden atopar en calquer festa.

A cultura, a tradición, a etnografía chairega, deixaron paso á mediocridade e a vulgaridade e o interese turístico resulta máis que inexistente.

Aínda, despois de 25 meritorio anos de existencia se pode mudar o rumbo e beber do pasado da Romaría Labrega da Chaira para retomar un futuro explendoroso doutros 25 anos volvendoa necesaria, porque agora mesmo tense convertido en prescindible.

Visitantes tan importantes como Manuel María, pregoeiros tan admirable como Xulio Xiz, Tareixa Novo, Luís de Patricio, Marica Campo, o mesmo Segundo López e outros moitos e participantes de grupos como os Diplomáticos de Monte Alto, os Cuchufellos, membros de numerosas agrupacións tradicionais etc, serían partícipes deste cambio e por suposto os máis importantes, numerosos veciños e veciñas que deixaron de encher a carballeira para o xantar campestre de dúbidas de familias en convivencia e alegría.

A Romaría Labrega da Chaira merece recuperar a súa identidade, a súa razón de ser, e toca xusto agora, no remate dun cuarto de século que supoña unha renovación que bebe das raíces, do máis fondo do respeto ao que somos, do respeto e admiración a nós mesmos, á orixe Labrega, chairega e galega. Que así sexa.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES