A metade, serán mulleres
Editorial - miércoles, 21 de junio de 2006
O Goberno galego parece decidido a loitar pola paridade entre homes e mulleres na política, de xeito que se dea exemplo a tódolos habitantes deste país en canto á loita pola igualdade de sexos e, polo tanto, de dereitos e deberes na sociedade.
Para empezar, aumentou o número de conselleiras en relación co goberno anterior, estando neste momento no cincuenta por cento do total. E para rematar, haberá unha Lei de Inserción laboral das mulleres, no que entre outras medidas cualificadas de rompedoras polo Conselleiro de Traballo, figurará a decisión de que ámbolos dous sexos estean representados no Consello da Xunta de Galicia, de xeito que o menos representado nunca o estea por debaixo do cuarenta por cento.
Posiblemente sexa razoable un plantexamento así para condicionar non xa o presente senón o futuro, obrigando a un reparto equitativo, pero o desexable sería que o reparto non se basease no número e sí na cualidade.
Posiblemente non haxa ningún goberno no mundo no que se repartan os cargos por sexos, senón que cada posto se adxudica con arreglo a moi outros criterios. Pero sendo novatos en democracia Un cuarto de século é aínda pouco tempo parece como se tivesemos a obriga de dar leccións urbe et orbe.
Se levasemos ó extremo eso da igualdade, podería chegarse a facer unha reserva ou cuota para determinados colectivos ou sectores. Pero quizáis a soa mención deste apartado impensable sexa impropio deste lugar.
Se esta Lei se aproba, que é o máis probable, a igualdade da muller co home en Galicia contará con protección legal. E os próximos presidentes do goberno galego deberán facer contas, ademáis das do reparto político, xeográfico ou de influencias, por sexos, de xeito que a proporción se garde.
A metade do goberno, máis ou menos, serán mulleres. É o máis natural porque a metade da poboación tamén o son. Ogallá non fixera falla a Lei, pero a falla de tradición e por se flaquease a vontade, ben está a norma para que todo quede atado e ben atado.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora