Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Salve Valuria!

martes, 11 de agosto de 2015
Salve Valuria!
Raza maldita rubricada polo estrondo dos tronos
e a samesuga dos alustros do tempo
chupando vermellas cores á charqueira que o ceo arrinca en choiva.
Cecais sexamos herdeiros dos alláparos
que fixeron lareiras das covas . . .
mais con seguranza vimos dos cregos, meigos, bruxos,
compostores e albeites . . .
Os nosos corpos chairegos teñen a dureza do seixo,
a forza dos xabaríns nos tépedos soutos e nas tupidas fragas,
a sabedoría alaudada do unicornio
cando as raiolas guichan polos outeiros
chamas de sabenzas ancestrais.

Salve Valuria!
Terras de loitas a campo aberto
amparadas por Morrigán ou Breogán,
Lugh, Cernunnus ou Baal.
Sentimos os poderes demoníacos
vidos dende a cova abisal.
Faremos pregarias entre os borboriños dos carballos
en Pino ou en Triabá,
Santa Cristina, Ponte de Outeiro ou Lamas de Goá,
onde unha vaca berra un fero bruído de ferida
e se escoita o augacento tanxer das campás.

Salve Valuria!
Vilas asolagadas da nosa Beria.
Cidades lacustres da Chá
en palafitas isoladas da auga
que as lendas mergulla.
Raza maldita,
ancestra da nosa identidade.
Aroma que se respira nos ollos dos anciáns,
tan azúis como a bandeira
ou a auga nas enchentes da ribeira aldeá.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES