A calidade nas feiras
de Guizán, Antón - lunes, 10 de agosto de 2015
Contóume un amigo que na feira de Parga, unha das importantes na Chaira e non país, mercou unha caixa de queixos que mandou a Catalunya. Os queixos, ao probalos no destino, resultaron non ser comestibles, por decilo dunha maneira educada. Vén ao caso este feito anecdótico para chamar a atención sobre a aposta dos gobernos polas nosas feiras, a recuperación dalgunhas e impulso das xa consolidadas, pero esa aposta non pasa só pola organización técnica ou a simple publicitación das mesmas. As feiras, os nosos centros comerciais do rural ao igual que os mercados nas vilas, deben apostar pola calidade, polas garantías sanitarias nos alimentos aínda que sexan caseiros e por produtos autóctonos como modelo propio e mesmo que exerzan como un motor fundamental de reclamo turístico.
Guitiriz ten en Parga e na súa feira un valor inmenso polo entorno da vila e pola propia feira, que debe coidar como unha xoia e esixir aos seus feirantes a calidade mínima que evite fraudes e calquera tipo de desprestixio.
Hai outra feira histórica desaparecida, a do SETE, nos Vilares, cuxos cobertizos se atopan na ruína e que deben ser recuperados como patrimonio de todos nun futuro próximo conxuntamente coa casa do sindicato. Accións que para algúns poden ser menores, son moi importantes e aqueles gobernantes que o vexan e actúen, Irán por diante.

de Guizán, Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora