Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O compás dos latexos

viernes, 14 de agosto de 2015
Dime quen xeme no bulebule dun soño. Dime quen escapa da ollada perdida duns ollos claros. Funga o vento e os versos dun soneto esmáganse contra o musgo dun penedo. Quere o teléfono móbil vibrar ante unha canción estranxeira, pero a batería di basta!, e apágase. Dous corpos que se encollen e unha néboa espesa que os abriga. Vai ti saber onde está a éxtase do poema! O vídeo musical amosa á parella nun forte abrazo. Os ollos claros dela bailan ó compás dun pensamento. As mans morenas del buscan a fermosura nun corpo nu, pillado por detrás, e con versos de amor escritos sobre a súa pel. Quen non se sente atraído por eses ollos! Quere unha nube gris ser colcha de flanela sobre a conciencia dun amante perdido. Pero a lúa vella interponse no camiño. Quen grava o vídeo musical da muller dos ollos claros? Tan só o poeta os sabe debuxar con catorce versos que riman ó compás dos latexos dun sentimento. Remata o vídeo musical e remata o soneto, a inspiración do poeta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES