Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os xuíces deben coñece-lo galego

martes, 20 de junio de 2006
Algúns xuíces téñense pronunciado en relación co tema do idioma galego, restándolle importancia á súa utilización e dándolla a outros factores, coñecementos ou prácticas nas que sen dúbida teñen razón sen por eso quitarlla ó tema do coñecemento e utilización da lingua da comunidade na que viven.

Os xuíces que en Galicia se pronuncian en contra do galego tentaríanse moito en facer o mesmo co vasco en Euzkadi e co catalán en Catalunya, sabedores de que o entramado social é diferente, e a presión colectiva e mediática seríalles tremendamente contraria. En Galicia, unicamente deberán precaverse diante do trasacordo, pero como non queren entender o idioma tampouco van saber en que consiste.

Naturalmente que todos podemos –os xuíces tamén– estudiar as leis en castelán, en inglés, ou en latín. Segundo sexa a Constitución española, o dereito da Commanwealt, ou o Dereito Romano. Pero tamén deberían estudiar en galego o Estatuto de Galicia, a nosa xeografía, a nosa historia, os nosos costumes e tradicións, as nosas lendas… Porque aínda que pareza mentira un xuiz debe coñecer a lenda-historia da Santa Compaña por se algún día ten que xulgar algún presunto delicto relacionado cunha actividade nocturna non de todo controlada.

Pero hai xuíces que entenden que non compre saber ou falar galego para exerce-la súa función en Galicia, porque con saber o Código Civil, o Penal, e a Xurisprudencia do Tribunal Supremo, xa abonda.

Eles poden ter o dereito a opinar e comportarse así –que habería que estudialo detidamente- pero nós tamén temos o dereito de pensar que están equivocados, que non teñen razón e están menospreciando ós galegos e a Galicia.

Os funcionarios galegos teñen o dereito e o deber de coñecer e usar o galego. Se algúns xuíces rexeitan o idioma, eles mesmos se botan fóra do colectivo do funcionariado galego; arrédanse dunha realidade social; refugan o máis propio da sociedade á que deben representar.

O Fiscal Xefe de Galicia ven de dicir que efectivamente deben coñecer e utiliza-lo galego os funcionarios que teñen relación co público, pero que os xuíces non teñen a obriga de utilizalo.
Alá eles. Quedámonos coa claridade de visión de Frei Martín Sarmiento, hai trescentos anos, sobre a necesidade de que os Oficiais de Xustiza falasen en galego. O que non o fale, péchase a unha parte da nosa xente, da nosa cultura, e da nosa realidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania