Homenaxe a Bernardino Graña
García-Bodaño Zunzunegui, Salvador - lunes, 19 de junio de 2006
Salutación Anafórica-Irónica-Parabólica na Homenaxe ao Poeta Bernardino Graña Villar
¿Onde xa aquel tempo, aquela angueira
que nos deu a palabra e mailo canto ?
¿Onde a ollada de lúa, nun recanto,
de aquel gato na tasca mariñeira ?...
A forza vitalista e ventureira,
que te levou á maxia dende o espanto,
te ampare da dor, ansia e desencanto,
e te afirme no instinto da xaneira.
E se pasan os días, que se fodan,
pois nin pegadas son da nosa vida
ou recordos tan só que logo alodan.
Vive e traxina, amigo, tolo druida,
que os anos sonche pólas que se podan
e o que vale é a obra
¡ben vivida!.
Leido polo autor na homenaxe a Bernardino Graña celebrada o 17 de xuño de 2006 na Casa de Cultura de Vilalba, promovida pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá.
García-Bodaño Zunzunegui, Salvador
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora