Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprendamos da lección de Catalunya

lunes, 19 de junio de 2006
O domingo, Catalunya foi ás urnas para votar o novo proxecto de Estatuto que substituirá ó que leva en vigor algo máis dun cuarto de século.

Temos dos cataláns unha imaxe colectiva que reflicte un pobo seguro de si mesmo, que sabe o que quere, que pon a economía por riba de moitas outras cousas, e que en materia de autogoberno nos leva moitos anos de adianto producto mesmo da súa proximidade a Francia, do seu carácter práctico, e da existencia dunha burguesía ilustrada ampla que tomou conciencia de País hai séculos.

Pois este domingo esta imaxe temblou, ou alomenos desdibuxouse, se temos en conta os resultados, que teñen que facernos pensar a todos.

Segundo as forzas políticas, todos gañaron. E segundo as mesmas forzas, tódolos demáis perderon. E sen embargo, se se pensa con sentido da realidade, quen perdeu foi o Estatuto.

Unha nova Lei, que vai gobernar ós cataláns durante o próximo medio século – ou eso hai que desexar – non foi votada por maís da metade dos electores. Certo é que, entre os que votaron, a proporción entre os que a subscribiron e os que non é de case 4 a 1. Pero é máis preocupante o 51% de abstencións que a rotundidade do 73% afirmativo entre o 49% votante.

Aprendamos desa lección, porque en Galicia non temos asumida como prioridade a necesidade de cambiar o Estatuto. E, a priori, os galegos temos menos asumido que os cataláns o papel dun Estatuto e o conseguinte autogoberno, na prosperidade dun País.

Posiblemente os cataláns poidan soportar un fracaso colectivo como o do pasado domingo. En Galicia non podemos permitirnos algo así. Estamos a tempo de aprender dos erros dos demáis, se aplicamos o sentidiño propio da nosa xente. Vainos facer falla.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES